Haberá descontos de 5 euros por semana ou se acumulará o que non se gaste ata un máximo de 25 euros.
  comenta   0
Marcos Salgueiro preside Adexmar (Asociación Provincial de Maioristas Exportadores de Peixes e Mariscos da Mariña) e nesta conversa fai especial fincapé na necesidade de consumir peixe fresco para a mellora da dieta diaria. As empresas que forman parte de Adexmar serven produto con selo de calidade e do día a numerosos mercados dentro e fóra de Galicia chegando a fornecer clientes en Portugal, Francia, Grecia ou Italia.
O GC continúa percorrendo a ría de Arousa para radiografiar a situación do marisqueo a pé. "Se seguimos así, igual temos que mirar de abrir un mercado na nosa casa para poder seguir vendendo", entre os baixos prezos, a falta de axudas e a escaseza do marisco, lamenta José Gómez Figueira, da agrupación de marisqueo a pé de Vilaxoán.
  comenta   0
O mariñeiro e divulgador Rogelio Santos Queiruga, descubridor deste episodio, asegura que non se pode explicar por unha causa única, pero que en tantos anos como leva no mar "nunca vira algo así". Por iso, chama a traballar como sociedade e tamén dende as propias administracións para mudar as cousas, porque o evidente é que "o marisco está moi debilitado".
  comenta   0
A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos, Anfaco-Cecopesca, subliñou que se rexistra un "insuficiente" dimensionamento de certas partidas, como a de lombos de atún ou a de gambón arxentino.
  comenta   0
Consumidores lamentan que as marcas aproveiten un cambio de formato para reducir cantidades e manter ou aumentar o prezo. Facua apunta a produtos como a caixa de bombóns de Nestlé ou o turrón de Suchard.
  comenta   0
Con máis dun millón de seguidores sumando a súa canle de Youtube e as súas contas de Instagram e Tik Tok, Anita logrou forxarse un futuro nas redes sociais que lle permitiu saír dunha ditadura que afoga ao seu país, que restrinxe dereitos e que obriga á súa xente a vivir na miseria. Esta é a súa historia.
  comenta   4
Anfaco-Cecopesca insiste en pedir ao Goberno que revise denominacións de produtos veganos que imitan peixe.
Alfonso Villares destaca os logros científicos e tecnolóxicos de Anfaco no primeiro semestre de 2024, grazas ao convenio de colaboración con Xunta.
Ao Estado pídenlle a exención de cotas da Seguridade Social para todos os mariscadores. Á Xunta demándanlle axudas directas a todos os mariscadores compatibles coa rexeneración e axudas a toda a cadea do sector do mexillón polas perdas de 2022 e 2023, entre outras cousas.
  comenta   0
Hai de todos os tipos e formas e con todo tipo de recheos. Xa se coñecen desde a época dos suevos. E ti, que tipo de empanada nos recomendas?
  comenta   0
O ministro de Pesca e Alimentación considera que a baixada no consumo está vinculada "a cambios nos hábitos e preferencias alimentarias ou aos modos de preparación".
  comenta   0
A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos, Anfaco-Cecopesca, calcula que a produción de conservas e semiconservas de peixe e marisco en España subiu un 0,3 % en 2023, con 306.352 toneladas. En concreto, a produción de conservas subiu un 0,4 %, destacando o caso do atún claro, cun incremento do 14,3 %, ou do polbo, cun 34,5 % máis.
  comenta   0
Alfonso Villares asegura que os produtos do mar galegos "son unha referencia non soamente en España, senón fóra de España".
  comenta   0
O prezo medio de peixes e mariscos frescos en lonxas galegas situouse en 3,28 euros por quilo en 2023.
  comenta   0