O odio ás persoas LGBTI estase visibilizando grazas ás redes sociais aínda que os emisores destas mensaxes sexan poucos. O medo a mostrar publicamente a orientación sexual está moi presente entre as persoas que queren vivir a súa sexualidade libremente. A pesar das leis que permiten o recoñecemento de matrimonios de persoas do mesmo sexo ou a lexislación sobre igualdade, o camiño para chegar a un estado de normalización é moi longo.
  comenta   0
O Pleno do Concello vén de aprobar por unanimidade unha declaración institucional rexeitando calquera forma de LGTBIfobia.
  comenta   0
Rairiz de Veiga foi testemuña da unión entre Pedro e Muño, considerado o primeiro matrimonio homosexual documentado do Estado español. Porén, segundo o filólogo Carlos Callón, non debe considerarse como un feito extraordinario da sociedade medieval.
  comenta   2
O actor galego recoñece que sempre quixo interpretar o personaxe de Tromifov e séntese afortunado de poder facelo agora da man do Centro Dramático Nacional. Ademais, ten "moitas ganas de que a xente vexa" o filme de Coixet, tras o seu "soño feito realidade" de traballar coa directora.
  comenta   0
A demostración deste domingo en Madrid, organizada polo tripartito da Santa Alianza das dereitas, xuntou ben menos xente da prevista polos seus organizadores, moita menos ca a acadada polo PP contra a lei do aborto ou o matrimonio homosexual no 2004-2006. A Delegación do Goberno falou de 45.000. Moita xente, mais moita menos da precisa para deslexitimar un Goberno ou unha política.
  comenta   0
Coñecidas por seren o primeiro matrimonio entre dúas persoas do mesmo sexo en España e en Galicia, foron vítimas das circunstancias sociais da súa época. Non debeu ser moi agradable a súa existencia pois acabaron como fuxidas das autoridades. A historia destas dúas mestras acabou cun final descoñecido.
  comenta   1