Anuncia un recurso ante o Supremo e apunta ao bispo da diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro; ao bispo emérito José Diéguez e ao arcebispo de Madrid, Carlos Osoro
  comenta   2
A defensa de Miguel Rosendo e maila acusación particular xa adiantaron que presentarán cadanseu recurso de casación ante a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra. O fallo da sala condenou o líder da Orde a nove anos de prisión por un delito continuado de abuso sexual.
  comenta   0
Feliciano Miguel Rosendo abandona o cárcere de Teixeiro, despois de que a Audiencia Provincial de Pontevedra decretase a súa liberdade provisional á espera da sentenza.
  comenta   0
A causa quedará este martes vista para sentenza que deberá ser ditada antes do 11 de decembro ou o acusado principal sairá en liberdade provisional.
  comenta   0
Os especialistas que declararon no xuízo aseguran que non había preparación nin indución nos relatos e por tanto lles outorgan veracidade.
  comenta   0
Apuntou tamén que se realizaba unha "despersonalización" dos membros. A nai de tres 'Miguelianas' sostén que Rosendo "anulou" ás súas fillas.
  comenta   0
O sacerdote testificou este mércores describindo como sectarios aos membros máis próximos, "os que vivían en casa Nai", explicou en referencia á vivenda que o grupo tiña no municipio pontevedrés de Mougás.
  comenta   0
Unha monxa que foi priora das Carmelitas sostén que Rosendo é vítima de "unha emboscada por detrás moi ben preparada"
  comenta   0
Marta Paz era unha das mulleres que recibían a denominación de 'bastón' na Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo, coñecida como Orde dos 'Miguelianos'. Durante o xuízo reivindicou a inocencia do líder, Miguel Rosendo.
  comenta   0
A familia de Rosendo nega as irregularidades e que crese ser alguén "especial" e a súa muller engade sobre os abusos: "Sei que non o fixo".
  comenta   0
O avogado que representa ao líder dos 'Miguelianos' destacou que a consagrada que declarou este martes, afín ao líder, "contou con todo luxo de detalles o que pasou" ao amparo da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel; no entanto, a acusación particular remarcou que a muller "estivo un período moi breve" na 'casa nai'.
  comenta   0
A muller que exerceu como fiscal da Orde e Mandato de San Miguel Arcángel describiu numerosos episodios sexuais, os cales indicou que Miguel Rosendo denominaba como "traballos".
  comenta   0
O Tribunal "vai admitir" que a acusación particular non está lexitimada para acusar por branqueo. A acusación está "satisfeita" por que arrinque o xuízo, e a defensa do líder celebra que se "retirou" do caso á súa familia.
  comenta   0
O avogado do líder desta orde empezará cunha petición de suspensión da defensa.
  comenta   0
Despois de dous adiamentos, a Audiencia Provincial marca para 13 xornadas entre o 26 de setembro e o 7 de novembro a vista do caso, aínda que a expensas da evolución médica dun avogado.
  comenta   0
Culpan ao que era capelán da Orde de realizar unha "denuncia camuflada" a través do informe "ilegal" dun detective.
  comenta   0
Tamén pide para a súa esposa 4 anos de prisión e para cada un dos seus fillos 3 anos de cárcere por delitos de branqueo de capitais.
  comenta   0
Para outros seis acusados solicita dous anos de prisión para cada un, e mantén a responsabilidade civil subsidiaria do Bispado de Tui-Vigo.
  comenta   0
Un grupo de persoas laicas que pertenceron á Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, coñecida como dos 'Miguelianos', defendeu este xoves a inocencia do líder, Miguel Rosendo.
  comenta   0
Marta Paz, unha das investigadas polo caso dos "miguelianos", non irá a xuízo despois de que retirasen as acusacións contra ela, mentres segue mantendo que todo este proceso é froito "da envexa". GC falou coa considerada man dereita de Miguel Rosendo, líder deste grupo relixioso, e tamén con outras acusadas que acusan a un asistente eclesiástico do Bispado de Tui de ser o responsable de todo.
  comenta   0
Entre eles está o suposto líder, Miguel Rosendo, pero non Marta Paz, até agora considerada a súa "man dereita".
  comenta   0