O deseñador Pepe Barro presentará no encontro unha contribución sobre a bandeira de Galicia. Barro sostén partir de distintos documentos, que Murguía foi o creador do símbolo que chegou á actualidade.
  comenta   0
Ramón Villares destaca que o historiador foi "a clave de bóveda da cultura galega do século XIX, pero tamén o profeta que anunciou as liñas mestras do futuro".
Ademais da biografía deste intelectual galeguista, tamén se poden consultar materiais como as epístolas que recibiu lla súa muller, Rosalía de Castro, e de Emilia Pardo Bazán, coa que mantivo unha longa inimizade.
  comenta   0
Terán lugar nesa localidade os días 26, 27 e 28 de xaneiro para honrar a figura da nai de Manuel Murguía. Falamos delas con Xosé Estévez, historiador e escritor quirogués afincado nesta vila do País Vasco.
  comenta   0
Serán tres xornadas que "revisitarán" a figura do intelectual galego e "profundarán" no legado do que foi o primeiro presidente da institución.
  comenta   0
Máis dun cento de xuristas, empresarios, xornalistas, funcionarios, avogados ou maxistrados pídenlle ao Concello da Coruña, deputación e Xunta que actúen.
  comenta   1
As Irmandades da Fala constituídas en 1917, seis anos antes do pasamento de Manuel Murguía, fundador do nacionalismo galego, reivindicou a soberanía estética de Galicia como un dos obxectivos para impedir a desfeita do noso patrimonio arquitectónico, monumental e popular. Continuadores desa filosofía foron os intelectuais da Xeración Nós. O Partido Galeguista, fundado en 1931, incorporou ao seu programa o obxectivo das Irmandades, sendo o arquitecto Manuel Gómez Román o gran valedor da defensa dun estilo arquitectónico xenuinamente galego. Ramón Otero Pedrayo calificouno como o soñador das mil Compostelas para Galicia. As súas construcións espalladas pola xeografía galega e moitos proxectos inéditos que se conservan dan fé do aserto oteriano.
  comenta   0
Un señor elegante é a nova novela de Suso de Toro que indaga sobre a fascinante historia desta familia e a súa loita por dignificar a cultura deste país.
  comenta   0
A revista Follas Novas dá a coñecer esta misiva de Rosalía de Castro dirixida a José Villamil y Castro, amigo de Murguía.
  comenta   0
Abel Alves e Esteban Tolj propoñen unha ficción aventureira con Eduardo Pondal e Manuel Murguía como protagonistas.
  comenta   0