..Perdín o compás dos días, o norte xeográfico, a luz do verán. Xa non podo predicir o medo nin confiar no meu instinto de supervivencia... Fernando Sarría
  comenta   0
Visibilizar as mulleres que fixeron grandes aportacións nos avances científicos-tecnolóxicos é unha das tarefas máis necesarias de cara á igualdade de xénero nas TIC e na sociedade xeral.
  comenta   0
A institución constata o éxito do proxecto Fire RS e traballa nun vehículo non tripulado de apoio en incendios forestais.
A Universidade de Vigo lanza en decembro un novo nanosatélite, o LUME-1, para a prevención e detección de incendios forestais. A cidade acolle o primeiro encontro New Space España, con máis de 200 expertos.
  comenta   0
Nado en Madrid, pero con familia en Sanxenxo, este enxeñeiro aeroespacial é o responsable do Deseño de Misión e Navegación do 'InSight', que aterrou no planeta vermello esta semana.
  comenta   0
O investigador Adrián Regos presenta un produto cartográfico que ofrece actualmente a única información espacialmente explícita en Galicia, accesible publicamente e libre, sobre o impacto dos incendios forestais. Para xerar a cartografía valeuse do sensor MODIS (Moderate Resolution Imaging Spectroradiometer), instalado en dous satélites da axencia espacial estadounidense.
  comenta   4
A Axencia Aeroespacial estadounidense realiza unha simulación animada con supercomputadoras que mostra como os ventos desprazaron polo continente europeo unha combinación de fume, cinzas e po do deserto.
  comenta   0
Non é habitual que a NASA outorgue unha medalla a un científico español, pero a enxeñeira e investigadora galega Begoña Vila Costas (Vigo, 1963) conseguiu unha polos seus "logros excepcionais" no desenvolvemento do telescopio espacial James Webb, o sucesor do Hubble. A distinción recibiraa en setembro no seu lugar de traballo, o centro de voo espacial Goddard, preto de Washington (Estados Unidos).
  comenta   1
A NASA publica unha foto que demostra até que punto os incendios forestais desta semana están a contaminar o aire.
  comenta   0