A comunidade galega tivo 17.978 defuncións nas primeiras 27 semanas deste 2025, é dicir, ata a primeira semana de xullo, o que supón un 0,4% menos que no mesmo período do ano anterior
  comenta   0
"Queremos máis xente no rural... pero para que?", pregúntase o investigador da USC Valerià Paül Carril, que cuestiona o discurso dominante sobre o retorno ao rural e pon o foco na falta de oportunidades, de servizos e de políticas reais que sustenten ese desexo do que leva décadas falándose pero que non remata de materializarse.
  comenta   1
A profesora de Economía Aplicada na USC María do Mar Pérez Fra reivindica unha nova mirada cara o rural galego, afastada do paternalismo e os estereotipos, pois defende que o rural está cheo de posibilidades e conta xa con poboación e iniciativas innovadoras que son unha fonte de oportunidades inesgotable. Por iso, fai un chamado a repensar as políticas dende a realidade concreta das comunidades que o habitan.
  comenta   0
As familias interesadas poderán realizar as solicitudes de forma virtual na sede electrónica do concello ou ben de forma presencial no Rexistro nun prazo máximo de seis meses desde o nacemento, resolución xudicial de adopción ou resolución administrativa de acollida
  comenta   0
O presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Failde, sinala que esta noticia non debe interpretarse só en negativo, pois "Galicia podería converterse nun motor tractor de recursos para a investigación e para testar os servizos que precisan os maiores que podería ser de utilidade non só para a comunidade e os seus cidadáns, senón tamén para o conxunto da UE de cara ao futuro".
  comenta   0
Dende Galicia Confidencial falamos con Karina Mouriño, mestra da EEI Taboexa, que reivindica o impacto tan positivo que estas escolas teñen na sociedade galega e denuncia a insostible situación que atravesan na actualidade, moi esquecidas pola Administración e cun goteo continuo de peches ano tras ano.
  comenta   0
O caso de Ferrol continúa a ser preocupante, pois hai grandes vilas que creceron en poboación por enriba da considerada unha das sete grandes cidades galegas, como foi o caso de Arteixo e Oleiros, segundo os datos definitivos de poboación publicados polo INE a peche do ano 2024.
  comenta   1
A maior parte dos nacementos corresponden a nais na franxa de 35 a 39 anos (3.638); de 30 a 34 anos (3.534) e de 25 a 29 anos (1.666), segundo os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
  comenta   0
O tamén gandeiro en Castro de Rei asegura que "as granxas que seguen abertas vense obrigadas a ter máis animais para ser rendibles". Dende o GC falamos con el da realidade actual das explotacións lácteas galegas.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial falamos co director da Federación Galega de Comercio (FGC), José María Seijas, que aposta por relaxar os trámites burocráticos e dar incentivos aos máis novos para que se animen a tomar as rendas destes locais nos que garantir o relevo xeracional é fundamental para a súa subsistencia.
  comenta   0
Aínda que 5 deles si se atopan na provincia de Ourense, tamén hai dous na de Lugo e un na da Coruña. Tamén hai 132 que estiveron por debaixo dos 10.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial, aproveitando a recente publicación dos datos de natalidade e mortalidade oficiais do 2023 en cada concello galego, analizamos o duro futuro ao que se enfrontan os concellos de menos de 500 veciños.
  comenta   0
O profesor da USC Antonio Doval Adán, asegura que "a verdadeira cuestión é se hai interese en revitalizar eses concellos que se están despoboando ou non, ou se o que verdadeiramente interesa aos gobernos é que a maior parte da poboación galega se desprace ao medio urbano". Plantexa a posibilidade dunha reorganización territorial na que os concellos en peor situación se engloben en comarcas.
  comenta   1
O profesor da USC Antonio Doval Adán asegura que "a situación é dramática" e advirte de que, se non se poñen en marcha políticas para revertela, o rural galego quedará completamente despoboado nuns anos: "En poucos anos atoparémonos cun volume de aldeas abandonadas que rondará as dúas cifras de milleiros, pois máis de 12.370 que teñen menos de 10 veciños".
  comenta   5
A baixada da natalidade en Galicia faise patente: 48.467 nenos (-1.662) cursarán Infantil, 126.531 (-2.368) farán Primaria e outros 97.680 alumnos (-338) a ESO.
  comenta   0
Xosé Antón Rodríguez, catedrático de economía na Facultade de Económicas e Empresariais da USC, analiza neste artigo a política económica de Galicia e aporta posibles suxerencias para mellorala.
  comenta   0
Máis dun milleiro de profesionais participan na Coruña no congreso da Sociedade Española de Fertilidade (SEF) e o Congreso de Enfermaría da Reproducción.
  comenta   0
O presidente da Xunta di que o seu Executivo está ben "dimensionado" cunha consellería máis e ratifica que haberá "concentracións" noutros departamentos.
  comenta   0
Galicia rexistrou un total de 14.103 nacementos en 2023, o que supón 392 menos que en 2022 (- 2,7 %). Esta cifra supón o peor dato na comunidade galega desde que hai rexistros. A modo de exemplo, se a comparativa se fai con hai un década, a cifra de 2023 é de 5.624 bebés recentemente nados menos que os 19.727 de 2013.
  comenta   0
O pasado ano chegaron case 16.000 persoas de fóra de España. O incremento do 0,08% dos residentes na comunidade é menos da metade do avance do 0,18% en España.
  comenta   0