GC fala con Manuel Gago, o autor de "O exército de fume". Un autor que busca unha literatura popular pero que "non renuncie a facer preguntas moi incómodas". Unha novela que escapa da Galicia derrotista, que non fala dos guerrilleiros coma aqueles derrotados, senón daqueles que "plantaron cara a un Estado". Por iso, para Gago, o país está cheo de heroes anónimos, aínda que sempre hai quen os quere buscar fóra.
  comenta   0