Un dos problemas é o nome do futuro proxecto. A marca En Marea está queimada polas leas internas e os críticos non teñen intención de desprenderse dela no Parlamento. "Quedar ou facer algo con esa marca sería un suicidio", apuntan fontes consultadas.
  comenta   19
Luis Villares e outros tres dos catorce deputados do Grupo Parlamentario de En Marea asinaron o seu pase ao Grupo Mixto, mentres unha quinta-Flora Miranda- anunciou a súa demisión inmediata.
  comenta   0
Con el van Paula Vázquez Verao, Pancho Casal e Davide Rodríguez. Outra deputada, Flora Miranda, vinculada a Compostela Aberta, anuncia que deixa a Cámara. Villares di que marchan de En Marea por "unha política imposta por Podemos, coa complicidade seguidista da dirección de Anova". Aposta por tecer lazos de colaboración co PSOE e co BNG para "botar ao PP" nas eleccións do vindeiro ano.
  comenta   21
Aprobouse unha iniciativa impulsada por En Marea, aínda que modificada cunha emenda de substitución por parte do PSdeG, que a fai menos concreta. Esta medida tamén afecta á enerxía hidráulica.
  comenta   0
O partido instrumental presenta os seus candidatos ás primarias sen candidatos de Podemos, Anova e EU que decidiron non participar e que impulsan outra fronte política. Nas listas destaca a presenza da catedrática Alba Nogueira e Pancho Casal, ex deputado de Podemos.
  comenta   14
O grupo parlamentario reclámalle a Medio Ambiente que cumpra coa obriga de indicar a localización exacta do evento e critican que a Xunta apoie e financie este tipo de competicións.
  comenta   0
Marcos Cal e Paula Quinteiro esquivan valorar se o proceso da lista alternativa a Villares estivo "tutelada" pola súa formación.
  comenta   2
Na candidatura hai integrantes de mareas municipalistas, colectivos sociais como SOS Sanidade Pública e partidos políticos como Cerna e a corrente crítica de Anova que dan un perfil máis nacionalista a esta lista.
  comenta   4
O deputado autonómico pediu desvincularse do acordo institucional que a dirección de Podemos Galicia propuxo aos deputados, que tamén implica unha achega económica. A formación morada di que a opción de Casal é incompatible con seguir sendo inscrito.
  comenta   10