Os termos do acordo recollen esa condena de 4 anos por dous homicidios imprudentes, ademais de 27 delitos de lesións e un delito de dano catastrófico. Á marxe deste acordo relativo á responsabilidade penal, queda por dilucidar aínda a responsabilidade civil, xa que a explosión produciu danos en 430 vivendas e case 80 vehículos.
  comenta   0
Os ilustradores Miguelanxo Prado e Rita Sabler combinan peregrinaxe e ‘urban sketching’ nun proxecto de Compostela Ilustrada bautizado como 'Camiñamos para parar' e que conta co apoio do Xacobeo 21-22. Falamos co debuxante coruñés.
  comenta   0
Pide que pague indemnizacións por danos en 430 vivendas e 76 vehículos, por lesións físicas a 36 persoas e compensar aos fillos do matrimonio falecido, en 280.000 euros a cada un.
Os traballadores insisten na oferta de desconvocar a folga a cambio de que a multinacional sente a negociar co goberno. "Esperemos que non sigan pola vía xudicial", din.
Ventos de máis de 110 quilómetros por hora e choivas acumuladas de ata 64 litros por metro cadrado.
  comenta   0
Expresan o seu "malestar" polas "trabas" e "exceso de celo" que, ao seu xuízo, se lles pon desde o servizo municipal de Urbanismo, así como o cambio de criterios para recibir axudas.
A 'zona cero' da parroquia de Paramos rendirá tributo aos falecidos e damnificados pola explosión.
O titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra ditou un auto polo que considera que a sentenza de demolición da empresa pirotécnica La Gallega, propiedade do imputado pola explosión que tivo lugar en maio na parroquia tudense de Paramos, foi executada.
Todas as construcións viñeron abaixo o pasado 23 de maio con motivo dun estoupido que custou a vida a un matrimonio, causou decenas de feridos e cuantiosos danos materiais.
O alcalde tudense di que este material explosivo podería ter varios anos e foi atopado oculto detrás duns taboleiros nun alpendre.
  comenta   0
Losada cre que aínda "hai partido" e confía no mantemento das factoría. Insta o alcalde de Tui a "mover ficha" para o desentullo da zona cero de Paramos-
  comenta   0
A oposición ao completo votou esta emenda que dicta que a interventora municipal realice un "informe xurídico" coas posibilidades de actuación do concello para levar a cabo ese desentullo.
  comenta   0
Desde o Concello aseguran que as reticencias manifestadas en semanas anteriores teñen que ver co temor ao retraso que implicaría un procedemento ordinario.
  comenta   0
O vicepresidente da Xunta participou no gabinete de crise convocado este mércores onde non houbo representantes da Subdelegación do Goberno nin da Deputación de Pontevedra.
  comenta   0
Critica á Subdelegación do Goberno por non cooperar para desmantelar a pirotecnia de Baldráns. Os TEDAX entraron este mércores nela para avaliar a retirada de 2.700 quilos de explosivos.
  comenta   0
O alcalde Carlos Vázquez Padín convocou o gabinete de crise de Paramos para este mércors.
Carlos Vázquez Padín anunciou esta medida nun acto de protesta en Madrid onde acudiu a deixar dúas cartas aos ministros de Interior e Política Territorial e un saco de entullos da zona 0 de Paramos para denunciar a súa falta de colaboración.
Asegura que a demolición da empresa, cuxo dono está encarcerado pola explosión de Paramos, "estivo sen executar" co rexedor anterior.
  comenta   1
O Ministerio de Facenda confirmou que as axudas públicas percibidas polos veciños da parroquia de Paramos en Tui (Pontevedra), afectados pola explosión dun almacén pirotécnico ilegal o pasado mes de maio, quedan exentas de tributación ao IRPF.
  comenta   0
Inciden "na necesidade de concreción" por parte do Goberno estatal do decreto de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil.
A declaración chega tres meses despois da explosión. Os afectados poderán acceder a exencións fiscais ou a posibilidade de eximir do imposto da renda.
Villares entende que é "totalmente inxusto" que as axudas económicas para a reconstrución de vivendas da Xunta non cubran o 100% dos danos e que se aplique o mesmo criterio que Facenda, ao equiparar as subvencións cun ingreso extra.
  comenta   1
A vila non recupera a súa vida anterior á explosión. A pesar de todo o ruído xerado tras o fatídico accidente e tódalas promesas políticas, os afectados seguen a padecer, cada vez máis en silencio, as consecuencias dunha explosión da que non teñen culpa.