José Manuel Alonso proclamouse subcampión do mundo en Tenis de Mesa en Maizières-lès-Metz (Francia). Foi o pasado 23 de outubro no World Table Tennis for Health Festival coa Real Federación Española de Tenis de Mesa con enfermidade de Párkinson. Aínda que a doenza o colleu novo, con corenta anos, non se rendiu e comezou a adestrar ao pouco tempo de terse operado contra o Párkinson. Agora ten diante del o Campionato de España 2025.
  comenta   0
A investigadora do CiMUS Ana Isabel Rodríguez Pérez explica que están tratando de identificar biomarcadores no sangue para poder detectar o párkinson antes do que se fai agora: cando o 50 % das neuronas ou, nalgúns casos, ata o 80 %, xa están mortas.
  comenta   0
Na Unidade de Esclerose Múltiple do Hospital Clínico Universitario de Santiago diagnostícanse cada ano entre 25 e 30 enfermos, dos que preto do 30 % veñen doutras áreas sanitarias para unha segunda opinión e, en moitos casos, para tratamento.
  comenta   0