O Día da Muller arrincou este venres en Galicia con concentracións sindicais por toda a comunidade ao berro de 'Aínda que se molle, a nosa loita non se encolle' ou 'non somos escravas, somos traballadoras'.
  comenta   0
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, a gran celebración das artes escénicas de Galicia, terá lugar do 30 de setembro ao 31 de outubro. Entre as novidades, a presenza o clow italiano e varias estreas absolutas como unha nova creación de Mofa e Befa e o espectáculo “Patrón” de Alberte Montes.
  comenta   0
Antropóloga e activista, Yayo Herrero converteuse nunha das voces máis salientables do ecofeminismo no Estado español, unha xeito de entender o mundo a través das ferramentas ecoloxistas e feministas para desvelar os vínculos entre as diferentes opresións. Este luns ofreceu unha charla na USC.
  comenta   0
Este 8 de marzo os sindicatos programaron accións reivindicativas pola mañá, pero tamén animaron a participar na manifestación "unitaria" convocada pola tarde pola plataforma 'Galegas 8M' en máis dunha trintena de localidades galegas de todas as provincias. Unha nova lei de igualdade, compromiso contra a discriminación e foco en Ucraína, reivindicacións do 8M nas institucións.
  comenta   0
O factor causal das desigualdades de xénero no mercado laboral está nas desigualdades de xénero no reparto dos tempos e dos traballos nos fogares. Apuntar o maioritario "absentismo dos homes nos coidados" e repensar os modelos de emprego son claves para alcanzar a igualdade.
  comenta   0
A xornalista e profesora malagueña ofreceu unha conferencia en Santiago de Compostela sobre negacionismo da violencia de xénero e medios de comunicación. Asegura que "non somos conscientes" da cantidade de bulos machistas que nos rodean, o que evidencia unha falta de "educación mediática". Conversamos con ela.
  comenta   1
A compañía de teatro de vangarda Voadora leva á escena a montaxe teatral Othello. A peza, dirixida por Marta Pazos, poderá verse no Auditorio Mar de Vigo e no Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT) os días 22 e 23 de outubro respectivamente.
  comenta   0
A porcentaxe de persoas vexetarianas ou veganas do Estado está formada por unha maioría desproporcionada de mulleres. A publicidade cárnica está dirixida a homes tamén de forma desproporcionada.
  comenta   0
Miles de mulleres saímos á rúa a demandar que a Administración poña no centro das accións sociais e económicas ao verdadeiramente importante: a vida. Por isto, esiximos que se lle dea o valor que merece o rol da muller nos coidados.
  comenta   0
O colectivo motiva á poboación feminina a que enchan as rúas e que secunden as folgas convocadas co fin de mostrar que, sen elas, o mundo párase.
  comenta   1
É hora de construír outros relatos, de reescribir a historia da arte lonxe de posicións androcéntricas. A exposición "Mirar de novo: as mulleres contra o tempo" recompila as obras de 30 mulleres artistas, entre elas Maruja Mallo, Menchu Lamas ou Bea Rey, para poñer no centro o traballo feminino. "Delas temos que aprender a non amedrentarnos", di a crítica de arte Mónica Maneiro.
  comenta   0
Falamos coa directora e productora do filme "La Isla de las Mentiras", unha película galega que está tendo moi boa acollida polo público e que vai camiño de converterse nun fenómeno televisivo en China. No centro da trama tres mulleres reais que foron as grandes heroínas desta traxedia.
  comenta   0
David González (Vigo, 1995) e autor do blogue cultural Palabra de Gastby. Durante estas semanas dará os seus consellos sobre títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. As recomendacións da semana son Beixos de lingua, de Paco Barreiro; Culpable, de Eli Ríos; Terrazas, de Fran Alonso; Na casa da avoa, de Marta Dacosta; Cervatos, de Lucía Novas e O único lugar onde ficar inmóbil, de Arantxa Nogueira.
  comenta   0
E non só as cidades. Que acontecería no rural se o observaramos e o viviramos a través das lentes liIas? Investigadoras consideran que no urbanismo feminista están moitas das claves para superar os problemas que afectan a toda a sociedade no seu conxunto.
  comenta   4
A señora Xosefa de Bastavales, Lola da Ribeira, Voces de Ultratumba, Marisol Manfurada, María Doval, Finita Gay (A Martela), Linda Lamarr, Sonia Albor... Sóanche estes nomes? Foron as primeiras nos máis diversos estilos de música.
  comenta   1
Apostan por construír unha alternativa diferente ao do "Réxime do 78". Paula Quinteiro, que pertence a este movemento, manterá a súa acta de deputada.
  comenta   3
A performance 'Un violador no teu camiño' xa se deixou ver en diferentes puntos do país. Dos últimos en unirse á acción performática foi Compostela, onde unhas 300 mulleres entoaron esta poderosa e reivindicativa peza na praza do Obradoiro.
  comenta   2
A asociación organiza diferentes actividades para concienciar á sociedade sobre a importancia de "combater as violencias machistas"
Nas III Xornadas sobre Violencia de Xénero organizadas polo Consello da Cultura Galega fíxose un repaso polos éxitos musicais e televisivos, polo tratamento da violencia sexual nos medios de comunicación e polo mercado da prostitución para comprender a dimensión da 'cultura da violación'. Eis algunhas das claves tratadas.
  comenta   1
Dende a capital arxentina, este grupo de mulleres fillas e netas de migrantes galegas chaman "á loita contra a alianza entre o patriarcado e o capitalismo que nos quere dóciles, submisas e caladas", relatan no seu manifesto.
  comenta   2
Carme Adán é autora do libro ‘Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión’. Neste ensaio reflexiona sobre a violencia de xénero e propón “desenmascarar” os prexuízos que reproduce o patriarcado.
Xa non concibimos que unha muller deba vestir sempre con saia, pero temos normalizado que sexa o home quen conduza decote. Botar os ollos atrás axuda a ver que queda por diante: as nais que loitaron por mellores oportunidades para as súas fillas "exerceron un feminismo como o que hoxe trascende no movemento do 8M", di o impulsor dunha mostra fotográfica que reúne a visión de varias xeracións
  comenta   1
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denunciou que este feito afecta a parte das pedras con gravados consistentes nun conxunto de ocos e distintos trazos rebaixados na roca.
  comenta   0
Presenta un informe que "evidencia a existencia do teito de cristal" e chama a participar nas mobilizacións do 8M, día para o que convoca unha folga de 24 horas
  comenta   2
Fai fincapé na importancia de que tamén saian á rúa as xubiladas, estudantes, desempregadas e inmigrantes sen papeis, porque é o Día da Muller Traballadora, "non da muller asalariada".
  comenta   0
Ourense acolleu a presentación da plataforma 'Feminismo, nin un paso atrás', que conta co apoio de máis de 65 colectivos. O 15 de xaneiro haberá mobilizacións.
  comenta   3
Como vogal do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Mónica afonda na necesidade de introducir a perspectiva de xénero na información para rachar con "estereotipos que se seguen reproducindo en casos como o da Manada ou Diana Quer". Con todo, é optimista e coida que se acadaron moitos avances nos últimos tempos grazas a unha "masa crítica de xente" que xa non admite certos contidos.
  comenta   2
Miles de persoas saen ás rúas galegas para denunciar os comportamentos machistas que aínda persisten na sociedade. Alertan de que 57 galegas foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparejas nos últimos 15 anos.
  comenta   1
Esta é a denuncia que fai a asociación ambiental e cultural Petón do Lobo que vén de denunciar que o Plan Forestal vai contra a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
A senadora de Izquierda Unida Vanessa Angustia asegura que é imposible entender o amor romántico sen entender o patriarcado, “que establece un sistema de dominación sexual”.
  comenta   1