A viceportavoz do grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Patricia Vilán, presentou este luns unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama ao Goberno autonómico que busque "alternativas viables" para resolver a situación do estaleiro vigués Vulcano e frear o seu Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo "que ameaza aos seus 69 traballadores".
Patricia Vilán di que "é o momento de estar preparados para o que poida ocorrer", mentres que os críticos co secretario xeral aseguran que quere "blindarse no cargo".
  comenta   0
A xestora do PSdeG impón o seu candidato, Modesto Pose, á maioría do grupo, que quería que fora José Luis Méndez Romeu. Os críticos coa decisión tachan de "pouco democrática" a actitude da dirección parlamentaria, ao non someter a votación as propostas.
  comenta   4
O presidente da Xunta aproveita a estrea de Patricia Vilán como nova voceira do PSdeG para mofarse dos socialistas. Tamén achaca aos gobernos do bipartito e ás mareas, AGE, Anova ou Podemos o aumento da pobreza, fronte a súa xestión na que “baixaron os índices por baixo da media do Estado”.
  comenta   2
Os deputados que apoiaron ao novo candidato á Xunta ocuparán os principais postos de responsabilidade no Grupo Socialista. Con todo, a nova voceira aposta por integrar a parlamentarios do sector de Méndez Romeu na Permanente “en consecuencia cos resultados das Primarias”.
  comenta   3