Lamenta a "decepción social" que supuxo que a deputada Paula Quinteiro "fixese un uso indebido da súa condición de parlamentaria".
  comenta   3
En Marea di que "tamén destruiría emprego" no mundo rural. Rexeitada unha iniciativa do BNG, que advirte do "efecto letal" que tería a reapertura ante un PP que apela a "esperar aos informes".
  comenta   0
O director xeral da corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo apelou a que os traballadores da empresa "representan a imaxe da empresa non soamente coa vestimenta, senón tamén cos seus comportamentos".
  comenta   1
Así o traladou o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, en resposta a unha pregunta da deputada de En Marea Paula Quinteiro, que advertía do aumento "evidente" destas actividades nos últimos anos.
  comenta   0
Paula Quinteiro censura "a actitude cínica" do PP por "volver impor servizos mínimos abusivos" durante a pasada folga feminista.
  comenta   0
A ruptura desta formación é total e o seu futuro podería ser decidido por un xuíz. O grupo parlamentario está a piques de divirdirse entre villaristas e podemitas, e un deles acabará no Grupo Mixto. Podemos e IU non descartan liderar un novo espazo político. E mentres parte da esquerda e do nacionalismo en Galicia se desintegra, rexurde con forza a ultradereita. Esta é a crónica dun esperpento propio de Valle-Inclán.
  comenta   17
Marcos Cal e Paula Quinteiro esquivan valorar se o proceso da lista alternativa a Villares estivo "tutelada" pola súa formación.
  comenta   2
Así se pronunciou este luns nunha rolda de prensa ofrecida na Cámara galega despois de que o sábado Anova remitise un comunicado aos medios no que expresaba a súa aposta por "relanzar" En Marea.
  comenta   2
Resulta moi curioso o concepto de lealdade que teñen algúns deputados e deputadas de En Marea, e como inscrita me parecen insultantes certas actitudes e accións, por iso creo que cómpre aclarar certos puntos:
  comenta   1
O portavoz evita pronunciarse sobre a consulta pero apela á "responsabilidade" de Paula Quinteiro "unha vez escoitadas as bases".
  comenta   15
Rafa Sisto expresa que a súa "gran frustración" é que Luís Villares "acabase en mans de quen xa estragou outros proxectos". Borja San Ramón anuncia que renuncia ao seu posto no Consello das Mareas.
  comenta   31
Ese documento foi asinado tamén por persoas non inscritas en En Marea. Este martes arrincou a consulta sobre a deputada de Podemos, que afea esta votación e di que non a acatará. Asegura que ela só se sometería a un "revogatorio".
  comenta   8
Cre que a pregunta sobre a deputada está máis xustificada porque é un motivo que "non é estritamente persoal", como o do chalé de Iglesias. Pola súa banda, Carmen Santos diferenza entre as consultas sobre Quinteiro e Iglesias, aínda que cre que ambas son "excesivas".
  comenta   6
Dar exemplo e manter unha ética intachable é un dos puntos característicos do que moitos/as entendemos debe primar no espazo político de En Marea. Cando a xente co seu voto lle permitiu conseguir a Paula Quinteiro a acta de deputada, non o fixo para que a usase como medio para sacarlle as castañas do lume aos seus amigos. Por esta acción, por interpelar á súa condición de parlamentar nun asunto persoal, a aínda deputada é a antitese do que para moitos/as de nós representa o proxecto de En Marea. Por iso debera dimitir, pero como a Paula Quinteiro o proxecto non lle importa o máis mínimo, prefire quedar e desgastar ás compañeiras que si se deixan a pel polo espazo.
  comenta   5
Garantías aclara agora que as consultas son vinculantes, pero como a acta é dos deputados, depende dela dimitir en última instancia.
  comenta   14
A deputada por En Marea, militante de Podemos, si abre a porta a someterse a un proceso revogatorio, pero reitera que non acatará o resultado da consulta ás bases sobre o seu futuro porque "non é o procedemento axeitado".
  comenta   30
A pregunta que a dirección de En Marea exporá aos inscritos será: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?". Os resultados coñeceranse dous días máis tarde.
  comenta   13
A Comisión de Garantías pide máis documentación trala reclamación de dous integrantes do comité electoral, que denunciaron falta de garantías no proceso. Luís Villares asegura que a data da pregunta se anunciará a semana que vén.
  comenta   8
A afiliada de Podemos Galicia sae así ao paso das críticas do presidente de España, que recorreu ao seu caso, tras un incidente coa Policía Local de Santiago, para utilizalo contra Pablo Iglesias nun debate no Congreso.
  comenta   15
O presidente do Goberno español critica que haxa "unha deputada de Podemos que dedica o seu tempo de asueto a romper retrovisores".
  comenta   5
Prometeu o seu cargo logo da dimisión do tamén deputado de Podemos Juan Merlo por terxiversar o seu currículo e da decisión de Xoán Hermida de abandonar a súa acta tras activarse unha consulta sobre o futuro de Paula Quinteiro entre as bases
  comenta   10
Xoán Hermida suxire que hai unha "cacería desde dentro de En Marea" e desde a oposición contra Luís Villares. Os medios insisten en "cazar" a deputados de Podemos implicados en irregularidades. A nova vítima é a futura deputada Torregrosa.
  comenta   25