"Un feliz descubrimiento acaba de hacerse, que aporta nuevos datos, y que es de importancia suma para la historia de la música y los cantos y bailes populares en España (...)", escribía Pedro Vindel en 1914 sobre o manuscrito que acabaría levando o seu nome.
  comenta   0
O goberno vigués aproba en solitario pedir a adquisición do documento coas cantigas de Martín Códax logo da exposición na cidade e o seu regreso a Estados Unidos. PP e Marea ven a iniciativa como unha "rabecha" do alcalde, que acusa a oposición de estar "supeditada aos seus responsables políticos".
  comenta   17
O Museo do Mar, en Vigo, acolleu o acto de despedida do manuscrito con sete 'cantigas de amigo' de Martín Códax, que regresa agora a Estados Unidos. Xunta e Universidade de Vigo, impulsora da exposición, cualifican de "éxito" a mostra.
  comenta   2
Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística celebran esta data no Museo do Mar, onde se atopa exposta temporalmente unha das grandes alfaias da lingua galega, o pergamilño coas cantigas de Martín Códax.
  comenta   0
Os visitantes do Museo do Mar poderán ver pezas de arte sacra, documentos, e réplicas de instrumentos musicais medievais, que acompañan o manuscrito que contén sete cantigas de amigo de Martín Codax, cedido polo Morgan Library & Museum de Nova York.
  comenta   0
O Museo do Mar inaugura este martes a exposición na que se mostrará por primeira vez aos galegos o Pergamiño Vindel, de volta ao país tras 800 anos. A inauguración será presidida polo rei emérito español Juan Carlos I.
  comenta   4
A obra que contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax xa se expón no Museo do Mar de Vigo. O Pergamiño foi sacado por dous minutos na urna na que se conserva para ser mostrado aos medios. En marzo de 2018 volverá a Nova York.
  comenta   7
Román Rodríguez: "O Pergamiño Vindel está en pé de igualdade cos orixinais de Mozart ou a biblia de Gutemberg".
  comenta   26