Eduardo Míguez é técnico no Porto de Celeiro, unha infraestrutura que pode mover 14.000 toneladas de peixe e marisco por ano. A día de hoxe este porto está especializado en pesca con volanta no Gran Sol para a captura de pescada. Aínda quedan algúns barcos que continúan co pincho (palangre) mais este tipo de pesca está caendo en desuso ante o menor tempo e o maior número de capturas con volanta. Nin o Brexit supuxo unha ruptura dramática na pesca para este porto nin a día de hoxe, segundo nos conta Eduardo Míguez, os barcos son tecnolóxicamente antigos
Consumidores lamentan que as marcas aproveiten un cambio de formato para reducir cantidades e manter ou aumentar o prezo. Facua apunta a produtos como a caixa de bombóns de Nestlé ou o turrón de Suchard.
  comenta   0
Hai lixeira alza das capturas de pescada, aumento de galo e rape, pero con recortes en Gran Sol. O ministro de Pesca destaca que España conseguiu incluír medidas para amortecer o recorte ao arrastre no Mediterráneo, á vez que logrou manter as capturas no Atlántico.
  comenta   0
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor dúas cuestións: o incremento da cota de bacallau na zona coñecida como Flemish Cap e a reapertura da pesca do bacallau na zona dos grandes bancos de Terranova tras 32 anos de moratoria.
  comenta   0
O festival pechou as súas portas o domingo coa entrega do premio á mellor tapa: 'A Espadarra', unha creación do restaurante El Juliana que incluía sardiña mariñada, tomate negro e lima. O GC amósache como foi!
  comenta   0
Persoal investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo, xunto ao Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera e a Universidade Politécnica de Valencia, desenvolveron un novo procedemento estatístico para mellorar a estimación da talla de madurez da pescada.