Marcos Salgueiro preside Adexmar (Asociación Provincial de Maioristas Exportadores de Peixes e Mariscos da Mariña) e nesta conversa fai especial fincapé na necesidade de consumir peixe fresco para a mellora da dieta diaria. As empresas que forman parte de Adexmar serven produto con selo de calidade e do día a numerosos mercados dentro e fóra de Galicia chegando a fornecer clientes en Portugal, Francia, Grecia ou Italia.
Eduardo Míguez é técnico no Porto de Celeiro, unha infraestrutura que pode mover 14.000 toneladas de peixe e marisco por ano. A día de hoxe este porto está especializado en pesca con volanta no Gran Sol para a captura de pescada. Aínda quedan algúns barcos que continúan co pincho (palangre) mais este tipo de pesca está caendo en desuso ante o menor tempo e o maior número de capturas con volanta. Nin o Brexit supuxo unha ruptura dramática na pesca para este porto nin a día de hoxe, segundo nos conta Eduardo Míguez, os barcos son tecnolóxicamente antigos