A expansión da doenza da 'banda marrón' está a transformar o modelo forestal galego. Como apunta Antonio Rigueiro Rodríguez, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, "estamos ante un problema moi serio e sen precedentes recentes".
  comenta   0
Antonio Rigueiro, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, advirte de que "é bo diversificar e frear a expansión abusiva e desordenada do eucalipto, pois, do contrario, as consecuencias para o monte galego serán moi graves". A moratoria, di, serviu para frear a febre plantadora, pero non abonda: "Se esta remata, a situación podería volver ser igual ou mesmo peor que antes".
  comenta   0
Este parásito, que se transmite entre árbores, é causante da enfermidade de marchitamento dos piñeiros, e presenta unha gran capacidade de dispersión a través da circulación de mercadorías. En 2010, detectouse por primeira vez a presenza desta praga no municipio pontevedrés das Neves.
  comenta   0
Expertos galegos e do Norte de Portugal conclúen que é necesario potenciar o cultivo do pino do país (pinus pinaster) para o seu aproveitamento de cara ás novas demandas na construción e outros sectores. Os primeiros pasos a dar para unha revalorización do cultivo desta árbore serían uns prezos xustos pola madeira, o desenvolvemento dun tecido I+D+i arredor desta árbore e incentivar a construción de vivenda en madeira.
  comenta   1
O presidente da Fundación Arume, José Carballo, responsable á súa vez da Asociación Monte Industria, advertiu de que Galicia vai "con moito atraso respecto de calquera país europeo".
  comenta   0