Francisco Javier Cardama, investigador do CiTIUS da USC, explica como a supercomputación, invisible pero omnipresente, xa moldea as nosas vidas, e por que Galicia aínda ten algo que dicir nesta carreira cara o cuántico.
  comenta   0
A economista Isabel Neira explica no festival de divulgación científica Pint of Science o proxecto que está desenvolvendo o seu equipo de investigación: un recomendador de camiños en función das eleccións que anteriormente fixeron persoas culturalmente próximas a ti.
  comenta   0
Cando se lle pregunta á cidadanía sobre o medio ambiente a maioría das persoas está de acordo na necesidade de que se debe protexer, pero, non todas as persoas, de feito case ningunha, das que din que se debe protexer o medio ambiente o fan realmente. Por que? O investigador do Cretus, Sergio Vila, respostou a esta pregunta nunha das conferencias do festival de divulgación científica Pint of Science en Santiago.
  comenta   1