Nos últimos anos gañou unha gran popularidade un tipo de calzado que simula a sensación de camiñar descalzo; estamos a falar do calzado barefoot. Aínda que inicialmente esta tendencia asociábase ao mundo do deporte, grazas á divulgación dos seus beneficios por parte de podólogos, conquistou a pais e expertos en saúde. Tanto que se experimentou un gran crecemento na demanda deste tipo de calzado, sobre todo na podoloxía infantil.