En concreto, a peza atribuía a Marnotes --alcalde entre 2011 e 2015-- un suposto delito de tráfico de influencias, outro de prevaricación administrativa e outro de suborno en relación a adxudicacións á empresa Vendex.
  comenta   0
En concreto, o auto de arquivo, con data de 15 de setembro, recolle que a providencia emitida en decembro de 2019 --que enviou a Santiago documentación relacionada con esta causa-- "en ningún momento" indica "que delito obxecto de investigación nin persoas responsables dos mesmos" débese investigar.
  comenta   0
Tamén está considerada como falta grave a "embriaguez ou toxicomanía fóra do traballo vestindo o uniforme da empresa".
  comenta   0
Tras sete anos de instrución, o titular do número de 1 de Ourense, resolve o sobresemento provisional e o arquivo da causa ao entender que non existen "elementos de xuízo suficientes" para entender que a compañía de transportes recibiu un trato de favor.
  comenta   0
O Tribunal Supremo conclúe que é competencia do Xulgado de Instrución Número 2 de Oviedo, xa que os feitos delituosos que se investigan tiveron lugar en Asturias.
  comenta   0
Confía en incorporarse a final de ano ou principios de 2021 ao seu novo destino en Ponferrada.
El e a súa nai están procesados por antentado á autoridade tras discutir coa xuíza nun bar de Lugo e recriminarlle que "estaba arruinándolles a vida".
Pilar de Lara foi sancionada polo Consello Xeral do Poder Xudicial a sete meses e un día de suspensión e á perda de destino por dilacións indebidas nos procesos que leva.
Tamén se condenou a un ex membro da Garda Civil polos mesmos cargos contra a xuíza que investigou a operación Carioca e a que instruiu o caso.
  comenta   0
Até en seis causas viuse desimputado o ex alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, o que o levou a concluír, chanceando, que é o "campión" das desimputaciones "sen facer nada".
"Te pido ayuda para interceder ante la Administración de Justicia", escribiulle o economista e cónsul de Costa de Marfil en Galicia, Alberto López, nunha misiva ao presidente galego que está no sumario da Pokemon. Supostamente tería marchado cos 400.000 euros de diñeiro público que desapareceron dunha conta concursal que el administraba no Carballiño. GC seguiulle a pista ata Venezuela.
  comenta   1
Chama a declarar tamén como testemuñas ao que foi secretario xeral dos populares composteláns e a un ex-tesoureiro no período no que se fixeron até 17 ingresos en efectivo na conta do Partido Popular na capital galega e cuxo importe ascende a 26.970 euros.
  comenta   0
Di que deste xeito se evitan “decisións en cadea” que afectan a investigados, como é o caso de Louzán. Evita dar a súa opinión sobre a críticia de dous maxistrados á xuíza.
  comenta   3
O xurista critica as presións sobre a titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara Cifuentes, que instrúe macrocausas como a 'Pokémon' e a 'Carioca'. A secretaria xeral de Igualdade tamén sae en defensa da maxistrada e considera "lamentables" as descualificacións que recibe.
  comenta   0
O Consejo General del Poder Judicial, o órgano de goberno dos xuíces, non ten aberto ningún expediente nin impuxo ningunha sanción aos maxistrados que descualficaron a súa compañeira Pilar de Lara e ao xefe de Vigilancia Aduanera. Así o indicaron fontes oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia onte a GC.
  comenta   3
A revelación de que dous xuices amenazaron a instrutora da Pokemon non desata gran solidariedade entre os partidos galegos. O PP evita o tema e o resto pídelle a maxistrada que apure na instrución da multitude de causas que ten abertas.
  comenta   3
Unhas conversas publicadas hoxe mostran até que punto Pilar de Lara, a xuíza que instrúe as operacións anticorrupción máis importantes de Galicia e que pretende imputar a Alberto Nuñez Feijóo, sofre presión por parte dalgúns dos seus compañeiros da carreira xudicial. “Vaille caer un carallazo porque o ten merecido” e “tola perdida” son algúns dos cualificativos que recibe por parte de dous xuíces nunhas conversas intervidas por Vigilancia Aduanera.
  comenta   1
Un comportamento “grave, gravísimo”, sen precedentes en Galicia e que vulnera o secreto profesional. Evaristo Nogueira, presidente do Consello da Avogacía, cualifica nestes duros termos un rexistro ordenado pola xuíza Pilar de Lara. Acúsana de incautar sen permiso o disco duro dun avogado. Fontes da investigación negan as acusacións e revelan a GC que o avogado en cuestión é o letrado de Nene Barral, un dos homes claves na relación do PP co contrabando.
  comenta   5
Este municipio sufragará a Pokemon Go Race dentro das actividades do Encontro da Mocidade de Dodro.
  comenta   0
A xuíza do caso Pokemon cita a declarar á dirixente popular a ptetición do sindicato Manos Limpias. Este venres declaran como imputados varios ex altos cargos do PP asturiano.
  comenta   0
O presidente do alto tribunal galego, Miguel Ángel Cadenas, espera que a instrución da Pokémon remate en breve porque “non é o conveniente para unha persoa que leve cinco anos imputada”.
  comenta   0
Axentes de Vixiancia Aduaneira realizaron un operativo neste municipio gobernado polo BNG dentro da Operación Pokemon. Por outra banda, o TSXG confirma o procesamento da parlamentaria do PP, Soledad Piñeiro por presunta prevaricación.
  comenta   9
Vixilancia Aduaneira sospeita do pago de excursións escolares en Pontevedra. Os axentes investigan porque se desagregou o prezo de 17 desprazamentos en autobús de alumnos de colexios locais á estación potabilizadora na parroquia de Lérez. Tamén as xuntanzas que mantivo o alcalde e cargos do BNG con representantes de Aquagest-Viaqua.
  comenta   6
“Insultan e cando non están de acordo coas respostas, marchan”, critica e cualifica de 'espectáculo' o abandono do pleno por parte do PSdeG, AGE, BNG e Grupo Mixto. Lembra que houbo un rexistro en Pontevedra e que, non por iso, el “vai pedir a dimisión de Lores”.
  comenta   0
A Operación Pokemon, unha verdadeira telenovela da loita contra a corrupción na política galega, dá un inesperado xiro. A xuíza mandou á Policía rexistrar onte o Concello de Pontevedra na busca de probas de trato de favor a Aquagest, hoxe rebautizada Viaqua e presunto centro da trama corruptora. No sumario figura unha estraña chamada do daquela responsábel das contas do Bloque ao delegado de Aquagest en Galicia, quen vía "moi cariñoso" ao alcalde. O Concello de Pontevedra promete a máxima colaboración coa Xustiza e critica a prolongación da investigación, que nos próximos días pode dar pé a máis rexistros en municipios.
  comenta   30
O rexistro foi ordenado pola xuíza Pilar de Lara tras conversas telefónicas da Operación Pokemon e que están relacionadas coa empresa Viaqua, antiga Aquaguest. O concelleiro de Persoal refírese irónicamente ao rexistro cun "estamos a tremer".
  comenta   9