O afortunado validou o seu boleto na Administración de Lotarías número 1 da localidade e será recompensado con 1.104.956,23 euros.
  comenta   0
É habitual e está socialmente aceptado o ver colas de xente agardando para comprar os seus boletos de lotaría. Dun tempo a esta parte tamén se popularizaron os rascas. E, como advirte Gerardo Rodríguez, vogal de Agalure, dun ano a esta parte chéganlles mozos de entre 18 e 25 anos enganchados ás tragaperras, algo que antes non era o habitual, pois a súa adicción partía máis das apostas deportivas ou da ruleta.
  comenta   0
"Meu pai xogaba sempre cos mesmos números, vinculados ao seu nacemento. A súa vida foi de loita. Comezou a traballar moi xoven, coma case todos os da súa época. Faleceu de maneira repentina, o que sempre é máis difícil de superar. Non sabería dicir se sospeitou nalgún momento que puidese ser o gañador. Morreu pouco tempo despois de que o tema se fixese público. Pasaron sete anos ata que a Policía se pon en contacto con nós e iso foi un 'shock'. A xuíza informounos de que podiamos reclamar o premio. Se meu pai chegase a cobrar os cartos, querería disfrutalos cos seus. A min os cartos non me quitan o sono. Se puidera volver falar con el diríalle só que lle botamos moito de menos". Palabras da súa filla.
  comenta   0