CIG- Saúde denuncia que as "infraestruturas inadecuadas" e os "cadros de persoal deficientes" poñen en risco a integridade física dos traballadores.
  comenta   0
"A pesar do comezo da elaboración dun Plan de Calidade propio no Hospital Psiquiátrico atopámonos nunha situación de parálise do mesmo" sinalan representantes do persoal
  comenta   0
A moza di que tivo que abandonar os estudos. "Ingresáronme en psiquiatría e non me dá a cabeza, teño moita rabia dentro, non se como afrontar isto, non dou para máis", puntualizou.
Con motivo do Día Internacional contra a Depresión abordamos diferentes estereotipos relacionados coa saúde mental que imperan na sociedade.
  comenta   1
A maioría destas camas substituirán o parque antigo desta unidade, mentres que outras se destinarán á unidade Infanto-Xuvenil de psiquiatría, recentemente inaugurada no devandito centro hospitalario.
Sanidade asegura que "está a avaliar a dimensión do problema" tras denunciar a CIG-Saúde que "de casualidade" non estaba a usuaria.
  comenta   0
Denuncian ante os medios de comunicación que Iván entrou no centro psiquiátrico de Conxo "completamente consciente" e que "non quería ser tratado con terapia de electroshock".
  comenta   0
"A transexualidade é ir en contra da bioloxía", ou "estase a converter nunha moda", son algúns dos comentarios que o profesional tería feito nunha das súas consultas.
  comenta   0
Na cuarta sesión do xuízo que acolle a Audiencia Provincial de Lugo para tratar de esclarecer este crime compareceron distintos médicos que prestaron asistencia á nai da vítima e única acusada tanto antes como despois dos feitos.
O informe revela, entre outros aspectos, "un trato discriminatorio" entre homes e mulleres e falta de protocolos rehabilitadores, así como contra os suicidios e adiccións.
  comenta   0
O Colexio oficial de Médicos da Provincia da Coruña explica que a xunta directiva acordou por unanimidade esta decisión ante a "gravidade e reiteración" dos feitos.
  comenta   0
Os especialistas sanitarios poderían consideralo non apto para prestar declaración polo seu estado mental. A defensa considera que "non era consciente do que facía".
  comenta   0
O Sergas indica que "se consolida a recuperación da normalidade na actividade hospitalaria, recuperándose a funcionalidade e estrutura das plantas de hospitalización, a carteira de servizos e a programación de consultas, probas e intervencións cirúrxicas".
  comenta   0
O Defensor del Pueblo segue reclamando ao centro un rexistro das accións de contención mecánica que se apliquen aos pacientes desde setembro de 2017. O Movemento Galego pola Saúde Mental pide eliminar esta polémica medida. De momento as autoridades sanitarias galegas seguen sen dar unha resposta á petición do organismo estatal.
  comenta   0
O individuo foi trasladado ao HULA, onde foi valorado polo equipo de psiquiatría. Antes diso, tamén agredira o condutor do autocar para instalo a abandonar o vehículo.
Avogan por realizar "unha valoración personalizada de cada individuo, con instrumentos adecuados", posto que asegurou que "existen controversias na definición de psicopatía e non existe un marcador biolóxico do trastorno".
  comenta   0
A Consellería de Sanidade apela á colaboración no "ámbito educativo e social" para implementar medidas de prevención co fin de diminuír a taxa de suicidios en Galicia.
  comenta   0
A prevención do suicidio pasa, segundo as voces expertas, por unha política de prevención que axude tanto a determinar as causas como frear o acto suicida. Todo debera pasar por unha visión multidisciplinar e interdisciplinar, que recolla todas as áreas sensibles para a persoa, capaces de crearlle unha situación límite.
  comenta   0
Un estudo feito en Galicia mostra que a maior parte dos intentos de suicidio son mediante fármacos e no 9% dos casos os pacientes volven tentar quitarse a vida nos primeiros seis meses de recuperación.
  comenta   0
Este convenio tamén abarca a difusión de coidados de persoas que padecen trastornos deste tipo persistentes, o asesoramento xurídico a enfermos e familiares.
  comenta   0
A institución do Valedor do Pobo reaacciona ao Informe do Mecanismo Nacional para la Prevención de la Tortura del Defensor del Pueblo sobre o Hospital Psiquiátrico de Conxo.
  comenta   0
O Movemento Galego da Saúde Mental acusa o Goberno galego de ter prometido a creación dunha Unidade de Hospitalización de Saúde Mental para a Infancia e Adolescencia na zona sur de Galicia “cun obxectivo propagandístico”, para despois deixar de lado o proxecto.
O tratamento da enfermidade mental foi abordado con diversos métodos. Por unha banda a psicofarmacoloxía e, pola outra, a socialización das persoas con doenzas mentais mediante redes de apoio. Hoxe en día en Galicia, aínda que vixente o Plan de Saúde mental 2009-2011, estase a elaborar un novo.
  comenta   1
O Defensor do Paciente pediu á Fiscalía que inicie unha "exhaustiva" investigación sobre a "presunta mala praxe" con pacientes psiquiátricos do Hospital de Calde, en Lugo, e do Hospital de Conxo, en Santiago.
  comenta   0
O Movemento Galego da Saúde Mental critica o comunicado enviado aos medios pola Xerencia de Santiago no que resta valor ao informe realizado por técnicos do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura para o Defensor del Pueblo, sobre as condicións deste hospital psiquiátrico.
  comenta   0
A Xerencia Integrada de Santiago resta valor á denuncia do Movemento Galego de Saúde Mental baseada no informe elaborado a partir da visita de técnicos do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura.
  comenta   0
Sobremedicación de psicofármacos, inadecuada utilización da inmobilización de pacientes con sistemas de suxeición como castigo, carencia xeral de recursos asistenciais, instalacións obsoletas, infradotación de profesionais sanitarios básicos como son os psicólogos clínicos ou o inadecuado rexistro e documentación de actuacións son algunhas das deficiencias e malas praxes detectadas por técnicos do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura.
  comenta   5
O Movemento Galego da Saúde Mental responsabiliza a xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago logo de dúas mortes, unha hai un ano en Conxo e agora outra no Hospital Gil Casares.
  comenta   2
O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia "as inaceptábeis condicións das habitacións”, os “déficits de organización” e "a infradotación profesional”, e cuestiona “a inmovilización das persoas mediante suxeición ás camas”.
  comenta   0
O Movemento Galego da Saúde Mental critica as situacións que se viven no Centro Hospitalario de Rehabilitación Psiquiátrica de Calde e no Hospital Psiquiátrico de Conxo.
  comenta   0
No noso país hai 7,16 suicidios por cada 100.000 mozos, a cifra máis elevada no Estado. O plan de prevención do suicidio en Galicia segue pendente de finalizarse.
  comenta   1
O grupo de Psiquiatría Clínica, Psiquiatría Social e Psicoterapia da Universidade de Santiago de Compostela estuda a eficacia dunha nova técnica para mellorar as habilidades dos pacientes en ámbitos sociais.
  comenta   0