Un home, de 38 anos e veciño de Narón, aproximouse ao operario, de 52 anos, e "sen mediar palabra" propinoulle unha puñada na cara, o que provocou que o traballador caese ao chan. Como consecuencia do impacto e a caída, a vítima presentaba lesións na cabeza.
  comenta   0
Estas paradas únense ás incontables anunciadas pola factoría olívica nos últimos anos debido a problemas na subministración de certas pezas necesarias para os seus vehículos. Este mesmo mes de setembro producíronse varios paróns por circunstancias parecidas.
A maioría de traballadores afectados polos axustes, 97, mostraron o seu interese en incorporarse ao equipo de fin de semana do sistema 2 (o que monta as furgonetas), o que xunto a outras mobilidades (cambios desde a quenda de noite do sistema 1 a outras quendas), fai innecesario realizar ningún traslado de quenda obrigatoria.
No que vai de ano, a compañía tivo que deter as súas liñas e produción en incontables ocasións por falta de pezas, do mesmo xeito que xa vén ocorrendo nos últimos anos.
Tal como informou a compañía aos traballadores, por causas de forza maior, debido a problemas de aprovisionamento, suspenderase a actividade da quenda de noite no Sistema 1 da planta de Balaídos, que ensambla os Peugeot 2008.
A fábrica viguesa do grupo automobilístico Stellantis parará parte da súa produción a partir deste venres, día 15 de marzo, debido á persistencia dos problemas de aprovisionamento que vén rexistrando nas últimas semanas.