O acto terá lugar durante o desenvolvemento do VII Atopo Internacional Acampa pola Paz que reunirá na Coruña a especialistas e fotoperiodistas para "reflexionar sobre os efectos do odio".
  comenta   0
Pois claro que estamos coa alma dolorida. Finou Rafael Pillado, o noso grandísimo referente ético, de coherencia e con autenticidade.
  comenta   0
Padecía un cancro producido pola súa exposición ao amianto durante os seus anos como traballador nos estaleiros de Bazán
  comenta   3
Dúas décadas despois de destapar o escándalo do asbesto nos estaleiros ferrolás, Rafael Pillado batalla cun cáncer mortal polo que irá a xuízo contra Navantia. “O meu proceso será unha defensa de todos os afectados. Non vale morrer en silencio na casa”.
  comenta   0
O sindicalista Rafael Pillado reconstrúe a xornada máis tráxica e icónica do movemento obreiro galego cos detalles propios de quen a viviu en primeira liña. “Eu vin morrer a Daniel Niebla, estaba a un metro e medio de min”.
  comenta   0
Cunha publicación nas redes sociais, Pillado di querer que a súa "reclamación sexa ocasión para denunciar aos responsables (destes) asasinatos silenciosos" en referencia ás mortes causadas polo amianto no naval.
  comenta   0