Fronte ás costas de Galicia, a fosa atlántica foi durante décadas un vertedoiro de residuos perigosos que impulsou unha revolución ambiental internacional. Mais hoxe, trinta anos despois, a vixilancia e a normativa que protexían os océanos están en retroceso, abrindo fendas para que novas ameazas regresen sen apenas debate público.
  comenta   0
Dende o punto de vista de Jesús Gago Piñeiro, oceanógrafo e experto internacional en lixo mariño, "o Goberno español ou a Xunta de Galicia deben reclamar á Comisión Europea que promova estudos serios e independentes sobre o impacto destes residuos, e que sexan os propios países que verteron eses bidóns radioactivos na fosa atlántica os que financien eses estudos".
  comenta   0
Piden que o Ministerio de Transición Ecolóxica se faga cargo dos máis de 200.000 bidóns radioactivos fronte á costa galega.
  comenta   0
Dende 1970 ata 1993, miles de toneladas de residuos radioactivos foron vertidas sen seguemento na fosa atlántica galega, confiando na dilución mariña. O silencio e a falta de estudos posteriores agochan un problema ambiental sen resolver, ao que non se lle volveu prestar atención. José Juste, asesor do Goberno español na Convención de Londres, explica como foi evolucionando a normativa sobre estas verteduras.
  comenta   0
Pide "máxima información" e que os gobernos centrais "deberían monitorar". A expedición oceanográfica francesa que se encarga de avaliar o estado da Fosa Atlántica fronte á costa de Galicia continúa traballando cos equipos "ben preparados e coordinados", deste xeito, xeolocalizou xa "máis de 1.900 bidóns".
  comenta   0
O eurodeputado socialista solicita un seguimento comunitario da misión francesa e propón incluír a costa galega nas verificacións de radioactividade do Tratado Euratom
  comenta   0