A Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés) estudará "nos próximos días" se inicia unha revisión continua do fármaco antiviral en investigación molnupiravir, que podería reducir á metade o risco de hospitalización ou morte en pacientes adultos de risco, non hospitalizados, con COVID-19 de leve a moderada.
  comenta   0
Os primeiros casos en Galicia da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) detectáronse na Coruña a comezos dos 80. Daquela as autoridades sanitarias non estaban preparadas para unha síndrome descoñecida en humanos, aínda que si se sabía dunha síndrome moi semellante en simios africanos. A día de hoxe, son máis especulacións que certezas sobre a orixe da síndrome como do virus.
  comenta   9