Trátase do conxunto rupestre de Seselle, afectado polo parque eólico de Seselle. O colectivo A Rula pide a realización dun novo estudo arqueolóxico tras a catalogación das 5 estacións que non foron recollidas no informe de impacto ambiental.
O entrelazado castrexo é o primeiro atopado destas características na provincia da Coruña. Os achados acreditan a importancia da zona das Mariñas en época romana.
A Comisión Europea ten aberto un proceso por infracción da Directiva Aves que podería supor unha multa millonaria a todos os galegos e galegas. Lonxe diso, a Xunta autoriza a media veda na Limia e "abre a porta ao furtismo". Entidades conservacionistas censuran "o biocidio" da rula e alertan dunha "falsa moratoria" da súa caza.
  comenta   0
Continúan as agresións ó patrimonio prehistórico nos montes galegos. Nesta ocasión, e tal e como informan dende o Colectivo A Rula, foron danadas dúas mámoas e unha importante estación de Petróglifos no entorno da cidade de Santiago de Compostela.
Os ecoloxistas din que, segundo datos oficiais, dende o ano 2014 téñense matado no espazo natural protexido da Limia a 3.870 rulas "deteriorando severamente a súa poboación nun dos poucos enclaves galegos nos que aínda atopa un hábitat axeitado para procrear".
  comenta   0
A Unión Europea tamén fixo requerimentos neste sentido. Desde o 2014 cazáronse case 4.000 exemplares desta ave e 50.172 paspallás na ZEPA da Limia.
  comenta   0