Yolanda Díaz, anunciou este xoves que nos próximos días darase a coñecer a subida do salario mínimo interprofesional (SMI) para este ano, que está conxelado desde o 1 de xaneiro.
  comenta   0
Os representantes de CEOE e Cepyme abandonaron a comisión hai varios meses por considerar que "desvirtuaba" o diálogo social.
  comenta   0
O aumento das horas extra non remuneradas está traendo consecuencias como a falta de recadación por parte da Seguridade Social. Ademais, os sectores máis afectados teñen en común algúns puntos como seren dos máis feminizados e precarizados do mercado laboral. Segundo cálculos dalgunhas forzas sindicais, os e as traballadoras deixaron de ingresar máis de 2.000 millóns de euros por horas extraordinarias sen pagar en todo o Estado.
  comenta   0
Incidirá na necesidade de derrogar as reformas laborais, a reforma das pensións e de subir o Salario Mínimo Interprofesional (SMI).
O colectivo de pensionistas e xubilados resaltou que permanece pendente a modificación anunciada para as pensións, que augurou que "consolidará os peores aspectos das reformas de 2011 e 2013".
  comenta   0
Os salarios en Galicia están entre os máis baixos do Estado segundo fontes sindicais. Os datos oficiais pola súa parte, indican que os e as traballadoras galegas cobran o salario medio máis alto da nosa historia. Coa crise económica ligada á COVID, as expectativas salariais en moitos casos están condicionadas aos ERTE, a conxelación salarial ou á tipoloxía de contratación e á expectativa das negociacións entre axentes sociais.
  comenta   0
Os sindicatos piden un aumento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) de entre 1.000 e 1.100 euros, os empresarios piden unha conxelación da cantidade actual, 950 euros, debido á situación sanitaria e social. A Organización Internacional do Traballo considera necesario o SMI para evitar capas amplas de pobreza e que dito salario debera ser, cando menos, o 60% do salario medio dun país.
  comenta   1
Desde o sindicato sinalan que para poder combater a pobreza laboral e dignificar as condicións laborais e salariais, a negociación colectiva ten un papel fundamental.
  comenta   0
"Non vou dicir canto (subirá) porque cando nos sentamos a dialogar temos que escoitar ás partes", remarcou Díaz o venres en declaracións a TVE.
  comenta   0
A remuneración en Galicia é un 28% inferior á media dos países da UE, segundo un estudo de Adecco.
  comenta   0
Javier Losada aclara que as persoas que traballan no fogar poden continuar a súa actividade, e se non alcanzan o salario mínimo interprofesional (SMI), poderán completalo con este subsidio.
  comenta   0