A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra ve un "atentado patrimonial" nas actuacións da Deputación de Ourense sobre a contorna do mosteiro.
  comenta   0
Nos escritos de denuncia, ponse de relevo que hai "danos patrimoniais" a elementos artísticos, históricos e arqueolóxicos, así como danos ambientais, posto que afecta a decenas de árbores e á paisaxe da zona.
  comenta   0
O colectivo Salvemos Rocas leva meses protestando contra o proxecto de ampliación desa estrada por parte da Deputación Provincial que busca ensanchar a estrada de entrada á Ribeira Sacra, na localidade de Esgos, co obxectivo de que autocares e vehículos poidan acceder con facilidade ao lugar.
  comenta   0
O xuízo pola talla masiva de árbores en San Pedro de Rocas tivo que ser suspendido este xoves por unha cuestión administrativa. A entidade denunciante asegura que a Deputación segue adiante na deforestación "con nocturnidade e aleivosía".
  comenta   0