O PP sumou apoios en 3 dos 18 concellos máis avellentados, mentres que noutros 15 perdeunos. Pero o PSdeG perdeu unha gran porcentaxe de votos en todos estes pequenos municipios, que marcharon directamente ao BNG. En 10 destes municipios Democracia Ourensana foi a cuarta forza.
  comenta   0
O Consello da Xunta adoptou esta decisión o pasado 21 de decembro, que publica este mércores o Diario Oficial de Galicia (DOG), na que tamén se declara a compatibilidade con dereitos mineiros e aproveitamentos forestais nos montes veciñais afectados (Escrita, Moa e Cerengo; Moredo; Monte Cerengo; Figueiredo; Serra de Peites e Navea).
  comenta   0
O pasado 11 de marzo o concello organizou, en colaboración co CIM da Pobra de Trives, unhas ‘Xornadas de Convivencia Feminista’ nas que a coñecida artista galega foi unha das protagonistas.
  comenta   0
A coñecida artista galega terá unha presenza moi especial o vindeiro sábado 11 de marzo, día no que ofrecerá unha charla e compartirá xantar coa veciñanza de San Xoán de Río.
  comenta   0
Veciñas e veciños deste concello viaxaron a Bruxelas para coñecer as institucións europeas e facer os contactos necesarios para que o rural volva a ser un lugar para poder vivir sen ter que emigrar.
  comenta   0
A Xunta mantén que o de Laza evoluciona ben. O do Irixo, que arrasou unhas 680 hectáreas, está tamén "practicamente perimetrado" e evoluciona cara á súa estabilización. E o de Boiro, que queima 2.200 hectáreas, foi controlado.
  comenta   0
Galicia presentaba antano a taxa de fillos ilexítimos máis alta do Estado e contaba ademais cunha opción xurídica só coñecida no territorio galego: a de espontanearse. Mulleres acudían ante as autoridades para inculparse por teren quedado preñadas e relataban o sucedido. Diso hoxe fican os expedientes: documentos narrados en primeira persoa que permiten albiscar un pasado menos casto do que puideramos pensar. E, sobre todo, unha sexualidade non sempre dobregada á vontade de home.
  comenta   0
San Xoán de Río protagonista dunha ampla reportaxe en “The Wall Street Journal” sobre a desertización do mundo rural. A residencia de maiores é o principal motor económico do concello.
  comenta   2
Xosé Miguel Pérez é rexedor de San Xoán de Río pola Agrupación Local de Electores, unha marea local próxima ao nacionalismo. Agora acaba de afiliarse ao PP. O anterior alcalde, do PSOE, tamén fora fichado polo PP antes dos comicios.
  comenta   7
O programa “Al Rojo Vivo” de La Sexta fixo unha conexión en directo dende o concello de San Xoán de Río, en Ourense, para falar co seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua sobre novas oportunidades para gañar poboación.
  comenta   0
Juan Carlos Pérez, David Ferraz e Gabriel Vázquez –socios fundadores da empresa norueguesa VPF Scandinavia AS– propuxeron ao alcalde de San Xoán de Río unha solución informática que posterioremente foi trasladada á Deputación de Ourense, a Xunta e, finalmente, ao Ministerio do Interior. Con ela pretenden obter o mapa real da situación de toda a poboación en España.
  comenta   1
O alcalde de San Xoán de Río alerta de que son “bastantes” os que chegaron na última semana e media procedentes “de País Vasco, Cataluña, Madrid ou Valencia, poñendo en perigo a saúde da poboación desta comarca”. Os alcaldes de Trives fan un chamamento a estes visitantes, con segunda residencia, para que garden corentena de 15 días. Haberá notificacións á Garda Civil da súa chegada.
  comenta   6
O Concello de San Xoán de Río busca promover a visibilidade dos mundos da aldea e facer reflexionar sobre as súas problemáticas.
  comenta   0
Un particular alertou do disparo accidental nunha batida de xabaril que se estaba desenvolvendo no lugar da Cruz, na estrada que une Castro Caldelas e o Alto dá Moa.
  comenta   0
Unha placa na porta da igrexa parroquial de Medos recordará a todos os que alí repousan, baixo a lenda “na memoria das persoas que xacen aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”.
  comenta   0
O turismo e o regreso por verán dos que marcharon reactivan a vida en pequenos núcleos como San Xurxo, no concello ourensán de San Xoán de Río, que perdeu o 80 % da súa poboación nas últimas décadas.
  comenta   0