Fai 20 anos Galicia contaba con 67.628 granxas; fai 10, estas caeran xa ata as 40.653 (-26.975, un 39,89 % menos); e, o pasado 2023, xa só quedaban en pé 26.256 (con respecto ao 2003: -41.372, un 61,18 % menos; e con respecto ao 2013: -14.397, un 35,41 % menos). O GC analiza os datos de explotacións gandeiras e vacas de muxidura aportados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) entre o 2003 e o 2023.
  comenta   1
A conselleira do Medio Rural insiste na necesidade de estabilizar os prezos do leite e reducir diferenzas con outras comunidades autónomas.
  comenta   0
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo desestimou o recurso interposto pola Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) contra o Real Decreto 374/2022, de 17 de maio, sobre as condicións de contratación no sector lácteo, ao estar en desacordo coa obrigación de que o prezo pactado entre as partes dos contratos do sector lácteo cubra o custo de produción.
  comenta   0
SmarTZ4Milk divídese en 18 proxectos primarios, cuxas temáticas se engloban nos 3 bloques que recolle a orde do PERTE: Competitividade (dixitalización), sustentabilidade e rastrexabilidade
  comenta   0
Na súa opinión, apuntou, o sector do vacún de leite actual "é onde de forma máis clara vese a aplicación práctica da lei da cadea alimentaria", dunha forma que Planas cualificou como "moi positiva".
  comenta   0
Óscar Pose, responsable do sector lácteo en Unións Agrarias, asegura que "a falta de estabilidade é algo que está lastrando ao sector, pois os donos de explotacións ou os que queiran crealas de cero non poden invertir ou quedar nun sector que non é rentable, que aínda que o é agora, non se sabe se o seguirá sendo dentro de dous ou tres meses".
  comenta   0
O conselleiro do Medio Rural censura as declaracións da Fenil sobre a competitividade do sector lácteo e asegura que se o prezo do leite baixa un pouco máis os gandeiros entrarán en perdas.
  comenta   0
Esta acta mostra a aprobación das táboas salariais definitivas para o ano 2022, que supoñen a aplicación dun incremento do 7,2 %, e tamén recolle as provisionais para 2023, que contemplan unha subida do 1 %, a conta, máis o 1,5 % pendente de aplicación correspondente ao exercicio 2021.
  comenta   0