A limpeza industrial é a necesaria para o funcionamento de todo tipo de fábricas e grandes empresas. Non está recoñecida nos convenios laborais como tal a pesar do uso de maquinaria especializada, produtos químicos abrasivos e unhas condicións de seguridade para traballadores e traballadoras carentes de medidas axeitadas para os labores neste campo.
  comenta   0
As subcontratas son para os representantes dos traballadores a vía de precarización laboral máis perigosa. A medida que a subcontratación vai dividíndose, as medidas de seguridade e prevención laboral van diminuindo. Desta maneira, as cifras de accidentes no traballo en obra pública recae sobre todo en pequenas empresas que realizan os traballos de execución da obra.
  comenta   0
Os últimos datos sobre sinistralidade laboral en Galicia falaban de case 50.000 accidentes durante a xornada de traballo, a maioría na construción. Os sindicatos coinciden en que falta formación no sector como un dos elementos clave para evitar a accidentalidade. Detrás da escasa formación e do tamén do baixo relevo xeracional, pode estar a contratación de persoal transfronteirizo ou as horas extraordinarias non contabilizadas.
  comenta   0
O sector das ambulancias en Galicia viña de atravesar unha folga reclamando melloras tanto en medidas laborais como sanitarias. A patronal do sector apunta a necesidade de flexibilizar os contratos coa administración.
  comenta   1
O último informe do ISSGA sobre sinistralidade laboral apunta a un descenso en accidentes laborais. Pero é unha ilusión. No caso de sinistros con resultado de morte, as cifras só diminuíron nun 3.7%, un dato que contradí a falta de operatividade durante o 2020 fronte o 2019. Os factores detrás desta escasa diminución na mortalidade están ligados moitas das veces coa cultura empresarial e laboral, os ritmos de produción e a precariedade nos postos de traballo.
  comenta   0
A CNT anuncia que levará o consistorio aos tribunais por "non cumprir" a normativa vixente no tocante a protección de riscos. Esixen 10.000€ de indemnización.
  comenta   0
O presidente de UPTA, Eduardo Abad, fixo un chamamento á "sensibilización" das administracións para deseñar estratexias de face a atallar esta problemática e reducir o número de accidentes.
  comenta   0
A titular de Emprego manifestou que o ISSGA realizou un "traballo sen tregua" para coordinar e asesorar a empresas e institucións na elaboración de protocolos e guías para a continuación da actividade.
  comenta   0
Enrique Casanova faleceu hai cinco anos nun incendio en Guntín. Sufría problemas de saúde e solicitara ser apartado da actividade, algo que nunca sucedeu. A sentenza tamén indica que o traballo en solitario dos axentes dificulta a asistencia en caso de accidente ou infarto.
As catro centrais sindicais advertiron de que, de non ser modificados os pregos, valoran "interpor reclamacións xudiciais" porque son cuestións que afectan "á seguridade e saúde" de traballadores e usuarios dos hospitais.
  comenta   0
Denuncian que a Unidade de Coidados Intensivos do Hospital de Santiago rexistra carencias importantes que se puxeron de manifesto durante a crise do coronavirus.
  comenta   0
CCOO alega que os traballadores das empresas auxiliares teñen os seus convenios colectivos que regulan as condicións laborais e "unha empresa allea non pode impor medidas" que os infrinxan.
  comenta   0
A CIG recolle testemuños que “constatan escravitude, explotación e falta de seguridade laboral nas obras do AVE en Ourense”. “Dábannos auga dun rexistro próximo. Unha vez levantei a tapa desa arqueta e había merda humana dentro”, lembra un traballador.
  comenta   3
O Real Decreto só permite a asistencia a persoas con gran dependencia para facer lavado e corte pero hai moita xente que esixe o desprazamento destes profesionais. “Pois se non ves ti, hai máis aos que podo chamar”, ameazan. A Federación de Empresarios de Perruquería e Estética de Galicia, estima que o número de persoas empregadas no sector é de 12.000 persoas.
  comenta   0
O sociólogo Antonio Izquierdo asegura que "a economía é a que condiciona a demografía, e non ao revés".
  comenta   0
O sindicato indicou que o persoal laboral das residencias traballa nunhas condicións "de sobre esforzo" e cunha carga de traballo "moi elevada", o que desemboca un "risco de tensión laboral"
  comenta   0
"Isto é unha loita sindical na defensa das persoas traballadoras, o dereito a enfermar e a ter un emprego digno que sexa responsable dos danos que ocasiona", sinalan desde CC OO.
  comenta   0
Un convenio marco estatal e catro provinciais son os que regulan o transporte de mercadorías no país. Isto ten como consecuencia diferenzas en salarios. Os empresarios denuncian a dificultade de competir con autónomos con prezos baixos e os traballadores que traballan moito e cobran pouco.
  comenta   0
A sobrecarga laboral dentro do servizo de limpeza no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), levou a que traballadores e traballadoras deste centro sanitario puxesen sobre a mesa unha situación que, segundo o comité de empresa e forzas sindicais, compromete tanto o rendemento como a calidade de vida e de traballo do plantel que ofrece o seu labor nas instalacións sanitarias.
  comenta   0
O colectivo de traballadores e traballadoras da recollida e reciclaxe do lixo conforma un segmento laboral cunhas características propias. Existen ideas preconcebidas e sobre todo, un descoñecemento moi amplo sobre as tarefas que desenvolven, así como das normas, convenios e as doenzas profesionais que máis inciden sobre a súa saúde.
  comenta   0