Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Tamara González, investigadora da Universidade da Coruña (UDC) que nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre as mulleres espontaneadas no pasado de Galicia, mulleres que proclamaban publicamente que ían ter un fillo fóra do matrimonio para non ser acusadas de aborto ou infanticidio se o neno tiña a mala sorte de falecer nunha época na que a morte nos primeiros 8 días de vida era moi habitual.
  comenta   0
Distorsión das expectativas sobre a sexualidade, normalización da violencia e da desigualdade, falta de educación sobre o consentimento e a afectividade, aprendizaxe de prácticas de risco... Un de cada catro nenos ve pornografía por primeira vez antes dos 12 anos e a metade fano entre os 12 e os 15.
  comenta   0
Analizamos o caso dos creadores de contido para nenos e adolescentes Karina y Marina e Hugo23, cuxas letras de cancións xeraron unha gran alarma entre expertos en educación afectivo-sexual e familias.
  comenta   0
Leva máis de 30 anos como xinecólogo, e más de 15 traballando no centro de planificación familiar do CHUVI e asegura que a día de hoxe poden ofertar ás mulleres o DIU hormonal, alternativa ao DIU de cobra como método anticonceptivo de longa duración, grazas que "é o propio servizo de farmacia do centro o que asume o seu custe".
  comenta   0
Segundo informou a Xunta, neste mesmo período, os equipos técnicos realizaron preto de 400 accións formativas que chegaron a case 9.000 participantes para promover entre a mocidade a igualdade de xénero, o benestar emocional e o bo trato.
  comenta   0
Juan Carlos Permuy é psicólogo e un dos organizadores das XIII Xornadas “Achégate á Igualdade" "Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades". Este encontro celebrouse o 16 de novembro e nel abordouse a nova masculinidade, unha revisión do papel do home na sociedade para derrubar estereótipos e presións como ser duro, non chorar ou ser provedor. Aínda así, queda moito por avanzar na explicación das novas masculinidades ou masculinidades igualitarias.
  comenta   0
A Cámara galega aprobou co respaldo dos tres grupos que a integran (PP, BNG e PSdeG) reclamar ao Goberno autonómico a elaboración antes do próximo verán dunha guía sobre sexualidade con material informativo e recursos para as familias, así como a posta en marcha dunha campaña que alerte dos "perigos" que supón o consumo de pornografía á hora de trasladar os estereotipos sobre as violencias cara ás mulleres.
  comenta   0
A historiadora Zulema Olivencia conta que a prostitución heterosexual exercida por mulleres foi recollida xa por filósofos como Platón ou Cicerón, non así a heterosexual exercida por homes ou a homosexual, que se trataba de ocultar. Na cidade de Ostia e na de Pompeia atopáronse espazos nos que se tería practicado sexo, con pinturas de carácter homoerótico. Tamén en Pompeia apareceron gravados nas pedras nos que se lía a palabras 'cunnilingus', e detrás dos que se poñían os homes que ofrecían eses servizos ás mulleres.
  comenta   0
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organizará entre o 28 e o 29 de setembro na Facultade de Humanidades de Lugo o Congreso internacional 'As culturas dos coidados e os feminismos'.
Sobre un centenar de persoas protagonizaron este xoves unha concentración fronte ao Concello de Monforte de Lemos, na que participou o alcalde, José Tomé, para clamar contra as agresións sexuais a dous menores na madrugada do martes, durante as festas patronais do municipio, polas que dous novos (un deles, menor de idade) foron detidos.
  comenta   0