Difunden un manifesto no que alertan de que o socialismo galego "entra nunha situación crítica". Piden "profundos cambios", entre eles, moderar o control dos poderes locais e provinciais e actualizar e renovar o discurso do PSdeG sen esquecer as súas raíces piñeiristas e galeguistas. "Hai que traballar na unidade real do partido, máis aló de sectarismos ou estructuras de poder, valorando a capacidade de persoas e equipos", din.
  comenta   3
... Que ninguén se trabuque, o éxito do nacionalismo galego non se pode medir polos resultados nas furnas, senón pola influencia na sociedade... Bautista Álvarez
  comenta   0
Dende o pasado 28 de Maio, unha pantasma percorre o escenario político do Estado español: o retorno do bipartidismo. Que verosimilitude ten semellante hipótese? E, no seu caso, cal sería a dimensión real dese eventual cambio?
  comenta   0
Emilio Pérez Touriño analiza nesta entrevista a actual situación da socialdemocracia no contexto económico e social da Unión Europea. Faino no seu libro 'El horizonte europeo: Estado-nación y socialdemocracia' no que suliña a necesidade dunha Unión Europea máis cohesionada no económico e social para facer fronte a retos como a débeda dos estados membros e a creación de políticas públicas baseadas no ideario socialdemócrata de igualdade e solidariedade. "Cada certo tempo temos as eleccións, estamos máis concentrados no ámbito autonómico, local, que son fundamentais, mais debemos mirar máis alá", asegura.
  comenta   0
Os colonizadores son uns señores moi agudos, coraxudos, teimudos, valentes deica os dentes que reforman, transforman, conforman segundo o seu dereito, proveito e dictados aos colonizados... Manuel María Dúas verbas coa mesma identidade
  comenta   0
Instalados no ronsel da lembranza de importantes acontecementos históricos, atopámonos coa conmemoración dos 40 anos da vitoria electoral de Felipe González que propiciou a formación do primeiro goberno do PSOE despois da morte de Franco.
  comenta   0
Remato de releer o artigo de Xose M. Beiras publicado no xornal Nós como manifesto particular. Concordo que compre facer autocritica mais tamén deberamos facer algunha proposta para tentar sair da encrucillada que temos enrriba das costas e para a que o parecer non temos unha alternativa doada.
  comenta   0
Descoñezo si os dirixentes da esquerda portuguesa coñecen moito da historia de España, seguramente tan pouco como case todos nos da historia portuguesa. Si algo lle tiveran ensinado poderían terse lembrado, cando, a finais de 2021, forzaron a caída do goberno de Antonio Costas, a frase do galego Casto Méndez Núñez, comandante en xefe da flota española durante a Primeira Guerra do Pacifico, ala por 1865: “Mais vale honra sen barcos que barcos sen honra”. No canto de “barcos” poñemos deputados, e a cousa non pode ser mais gráfica!.
  comenta   0
"Galicia espéranos, como esperou Portugal, Alemaña e cada vez máis países de toda a UE", asegura.
  comenta   1
Descoñezo si os dirixentes da esquerda portuguesa coñecen moito da historia de España, seguramente tan pouco como case todos nos da historia portuguesa.
  comenta   0