O colectivo de pensionistas en Galicia e no resto do Estado seguen mobilizándose para o incremento das pensións segundo o IPC. Mais a preocupación agora tamén está en que coa COVID, é posible unha modificación que recorte máis a caixa das pensións? É posible que Goberno estea pensando nunha nova negociación do Pacto de Toledo? Hai moitas preguntas, mais é necesario facer unha composición do momento de cara a perfilar o horizonte que se pode abrir nun mundo post-COVID.