A iniciativa popular “Stop the Finning-Stop the Trade” busca a prohibición de exportar aleta de quenlla desde a UE e a súa circulación e comercialización dentro do espazo comunitario. Parlamento galego e armadores consideran a iniciativa como unha acción fóra da realidade: “cando a frota galega é das máis controladas da Unión Europea” e as prácticas de cortar a aleta e tirar a quenlla ao mar están prohibidas desde 2013.
  comenta   0
Palangreiros guardeses avisaban hai unha semana do risco de queimar toneladas de marraxo conxelado por “cambios de criterio en Madrid”. A especie (Isurus oxyrinchus) entrou no catálogo CITES como unha especie a ter en conta para protexer. Isto trouxo unha serie de complicacións administrativas que obrigarían á destrución de parte dos stocks almacenados en Galicia.
  comenta   0
Os científicos tamén observaron niveis altos de zinc, ferro e aluminio nestes peixes, habituais na cociña atlántica. Varios estudos anteriores atoparon concentracións elevadas de metais tóxicos en atúns, tiburóns e algas comercializados en Galicia.
  comenta   0
Preto do 25 % dos hábitats dos tiburóns oceánicos atópase en zonas de pesca industrial, segundo un estudo internacional que contou coa participación de 109 científicos, incluído o biólogo galego Gonzalo Mucientes. Advirten da necesidade de crear áreas protexidas para diversas especies polo risco de sobrepesca.
  comenta   0
Un novo estudo feito polos biólogos Gonzalo Mucientes e Nuno Queiroz mostra o impacto destes materiais en quenllas e marraxos no Atlántico Norte e no Pacífico Sur. Galicia é unha potencia mundial na explotación comercial destas especies.
  comenta   1
A Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo negou sempre esta acusación e alegou que “non se trata de aletas, senón de pequenos apéndices que caen ao meter os peixes en redes para conxelalos”.
Un novo estudo científico alerta da necesidade de regular os desembarques de marraxos e quenllas na lonxa viguesa. A maior parte dos exemplares cazados e comercializados son individuos xuvenís que non se reproduciron. Entre os anos 2001 e 2016, o porto de Vigo multiplicou por 2,7 os desembarques de quenllas. Ecoloxistas e científicos manteñen a alerta pola presión da pesca sobre os tiburóns.
  comenta   1
Científicos –entre eles o galego Gonzalo Mucientes– publican en 'Science' unha carta de alerta sobre a crítica situación desta especie de tiburón. Acusan de "inacción" aos reguladores e piden unha actuación inmediata para reducir ao máximo as capturas.
  comenta   1
Científicos da Universidade de Vigo desenvolveron un novo recheo óseo a partir de dentes de quenllas procedentes da pesca sustentable, que ademais permiten valorizar os descartes no sector.
  comenta   0
Un estudo de científicos franceses mostra que os exemplares máis grandes de quenlla e marraxo que chegan á lonxa viguesa teñen concentracións de mercurio por enriba do límite máximo permitido para o consumo. Isto, advirten, supón "un problema para as autoridades pesqueiras galegas". O porto de Vigo leva anos no punto de mira de ecoloxistas, científicos e xornalistas estranxeiros polo comercio masivo e sen límites de carne e aleta de tiburón.
  comenta   0
Científicos dun proxecto europeo para minimizar as capturas non desexadas das pesquerías atoparon un exemplar de tiburón anguía, especie que permaneceu case inalterable desde hai polo menos 95 millóns de anos. Galicia atópase na súa zona de distribución, pero as súas capturas son moi estrañas.
  comenta   0
Na media noite do luns ao martes 27 de xuño, os pescadores de luras do peirao de Malpica puideron ver este exemplar de quenlla peregrina. O xornal Que pasa na Costa publica o vídeo.
  comenta   0
A organización Ocearch pide colaboración cidadá para coñecer o paradoiro dun tiburón azul que estaba sendo monitorizado no seu programa global de seguimento e estudo de quenllas. Os datos de GPS sitúan o exemplar na área de Vigo, onde tería sido transportado tras ser capturado por algún buque.
  comenta   1
O grupo de biólogos Ecología Azul, a CEMMA e a páxina de Facebook 'Tiburones en Galicia' poñen en marcha un proxecto de monitorización para rexistrar todos os exemplares observados en augas costeiras galegas, ante o incremento da presenza de quenllas e doutras especies en portos e praias do país.
  comenta   2
Biólogos galegos do grupo Ecología Azul publican un estudo sobre o aumento "inesperado" da presenza de tiburóns azuis en augas pouco profundas de Galicia.
  comenta   0
Un estudo internacional no que participa o Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo advirte da necesidade de establecer novas cotas de captura para protexer as quenllas oceánicas
  comenta   0
O doutor Gabriel N. Santos Durán, da Universidade de Santiago, estuda como a xenética inflúe na morfoloxía do cerebro deste tiburón para comparalo co que sucede noutras especies animais.
  comenta   0
O exemplar, de case cinco metros, morreu tras ser atopado no trasmallo dun barco pesqueiro. Vídeo no interior.
  comenta   0
Avistadas varias crías de quenlla na costa de Balarés, Niñós, Corme e Muros.
  comenta   0