O portavoz do grupo, Xabier Pérez Igrexas, reclamou ao goberno local que informe sobre cal foi o operativo dispoñible nesa situación de emerxencia, e denunciou que, dos 20 efectivos mínimos que deben estar operativos (segundo un decreto do propio goberno municipal), só había 15 bombeiros nos parques de Vigo.
"Leva a lei de depredación industrial ata o seu grao máximo", denuncian desde o PSdeG. Proxectos como a planta de biogás de Toysal ou a mina de Casalonga, así como grandes proxectos eólicos en espazos naturais contarán con menos trabas a partir do vindeiro ano. Adega di que o método escollido pola Xunta "é ilegal e resposta á intención da administración galega de eliminar a participación do público".
  comenta   0
A empresa Toysal pide o peche da antiga estrada entre A Casalonga e Cornide, mentres o Concello loita polo seu uso público.
  comenta   0
A plataforma veciñal considera de extrema gravidade a inacción que vén percibindo nos últimos meses por parte dos políticos municipais.
  comenta   0
O municipio teense incoa ademais un expediente de reposición da legalidade urbanística, concedendo un prazo de quince días ao interesado para que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estime oportunos.
  comenta   0
As políticas da Xunta para a eliminación de residuos nunca se librou da polémica. Tampouco se libraron as políticas dirixidas á recuperación de espazos mineiros ou de canteiras onde se deberían aplicar medidas de “restauración”. Para movementos ambientalistas e para algúns políticos estamos diante dunhas manobras que buscan a eliminación de residuos creando baleiros legais.
  comenta   0
Os manifestantes acusan ao Goberno galego de estar traballando "ás agachadas" nun plan para permitir a Toysal verquer "10 millóns de residuos cúbicos" na lagoa de Casalonga.
  comenta   0
A empresa Toysal contraataca acusando ao consistorio de ter ollado para outro lado ante o "desastre ambiental" do anterior explotador da mina.
  comenta   0
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denuncia que en realidade é unha adaptación de plans anteriores, o que non permitiría alegacións públicas contra esta nova acción por parte da empresa Toysal.
  comenta   0
Toysal anunciou apertura de dilixencias contra o alcalde de Teo, Rafa Sisto, en relación á mina de Casalonga. É o cuarto intento de levar aos tribunais ao rexedor teense. "Non nos estraña que Toysal, coa actuación da Direción Xeral de Minas, tire para adiante contra un alcalde, unha concelleira e un arquitecto municipal", di nesta entrevista.
  comenta   0
A denuncia é da mineira Toysal que tamén denuncia á edil de Urbanismo e ao arquitecto muinicipal por "coaccións, prevaricación, malversación de fondos públicos e falsidade documental". A mineira utiliza un informe da Xunta para fortalecer o seu argumentario.
  comenta   1
A plataforma Casalonga Limpa de Residuos alerta que a expropiación dos terreos públicos faise en base a documentos privados con datos erróneos.
  comenta   0
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos así como o alcalde de Teo e concelleiros da corporación, presentáronse no lugar a onde tamén se desprazou a Garda Civil.
  comenta   1
A Xunta de Galicia non recoñece a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos como parte interesada, o que obriga aos veciños a persoarse de maneira individual.
  comenta   0
Desde a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos din “que a apertura do expediente de caducidade indica que van no bo camiño pero que aínda non deben baixar a garda”.
  comenta   0
O Executivo galego informou á plataforma Casalonga Limpa de Residuos nunha reunión que Toysal, empresa agora propietaria dos terreos, ten aprobado o baleirado da lagoa na vella canteira e poderá comezar coa actividade mineira en calquera momento.
  comenta   0
A alcaldesa en funcións deste municipio insinuou este martes que Prado ía deixar de defender unha posición contraria ao vertedoiro de Casalonga "por unha casa que tiña aí".
  comenta   0
Durante unha comisión do Parlamento galego, En Marea e BNG pediron a dimisión do director xeral de Minas, Bernardo Tahoces, pola súa investigación por suposta prevaricación ambiental.
  comenta   0
Representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos pediron acceso á documentación sobre o plano de restauración da canteira. Bernardo Tahoces comunicoulles que será entregada en dous días á Plataforma.
  comenta   0
A manifestación comezará o sábado 23 e rematará o domingo 24 cunha manifestación que irá ata a entrada da canteira, agora propiedade da empresa Toysal.
  comenta   0
A intención é transmitir a toda a veciñanza a información recollida ata o de agora sobre os acontecementos que arrodean o proxecto da empresa Toysal no lugar de Casalonga.
  comenta   0
O goberno municipal teense enviou ao departamento de Minas da Consellería de Industria o informe solicitado o pasado 14 de setembro sobre o plan de restauración presentado por Toysal. O plan fai referencia á concesión da explotación da antiga canteira.
  comenta   0
A comezos deste mes o concello teense enviaba á Consellería de Medio Ambiente o informe de incompatibilidade urbanística.
  comenta   0
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio anunciou o arquivo do procedemento de tramitación ambiental sobre o proxecto da planta de residuos que a empresa Toysal pretendía construír na antiga mina de Casalonga, situada no municipio coruñés de Teo.
  comenta   0
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos mostrou a súa oposición ao proxecto que a empresa Toysal presentou como “Plan de restauración da canteira de Casalonga”, logo que os informes técnicos do concello de Teo considerasen incompatible a instalación dunha estación de tratamento de residuos co PXOM municipal.
  comenta   0