A confederación de empresarios de Galicia (CEG) avoga por "neutralizar" desde o ámbito público e desde o privado a "animadversión sistemática" respecto de proxectos industriais como os eólicos.
  comenta   0
Trabada vai vivir esta fin de semana a Festa da Enfariñada. Unha homenaxe ás persoas que pasaron dificultades na posguerra civil e que crearon un prato tan simple como saboroso: fariña, ovos, leite, auga e sal. Esta celebración iniciou o seu camiño en 2018 mais xa había idea de facela realidade desde tempo atrás. Con todo, búscase que sexa un dos atractivos máis que Trabada ofrece aos e ás visitantes.
Rubén García, alcalde de Trabada, reuniuse esta pasada semana coa Consellería de Medio Rural acompañado por agricultores especializados na Faba de Lourenzá. Esta IXP vén de sufrir un ano moi malo, cunhas perdas na produción debastadoras e por iso, tanto autoridades como agricultores deciden que son necesarias medidas rápidas que permitan a continuidade desta produción.
O incendio de Trabada foi o máis importante rexistrado en Galicia o ano pasado, afectou a 2.329 hectáreas e obrigou a activar o nivel 2 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais. Desaloxáronse 7 aldeas e tiveron que cortarse varias estradas, entre elas a A-8, e a alerta estendeuse ao termo municipal de Ribadeo.
De cara a este 2024 a Xunta de Galicia xa se marcou o obxectivo de que ardan menos de 18.489 hectáreas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. No que vai de ano os lumes de Trabada (190 hectáreas), rexistrado en abril; e Crecente (170 hectáreas), que tivo lugar en febreiro, foron os de maior superficie queimada.
  comenta   0