Entre outras medidas, a lei contempla a creación dun Observatorio Galego da Igualdade no Deporte, a creación da Comisión Galega de Igualdade no Deporte con capacidade sancionadora ou a creación de protocolos específicos para evitar actos machistas, así como crear plans de conciliación familiar.
  comenta   0
O primeiro pleno da Cámara galega deste curso non pasou por alto o clima político nacional e a situación incerta sobre a investidura da Presidencia do Goberno, coa data do 26 e 27 de setembro como primeiro termómetro e posta a cero do contador para lograr un novo executivo ou eleccións.
  comenta   0