O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se cualifica de utilidade pública a erradicación da praga da flavescencia dourada da vide. Esta norma establece medidas de prevención e loita, así como os deberes das persoas operadoras profesionais, titulares de parcelas de viñedo e profesionais para o seu control.
  comenta   0
En concreto, os pequenos municipios con viñedo exhiben maiores oportunidades laborais cunha media mensual de 320 traballadores fronte aos 210 dos municipios homólogos sen viñedo, segundo os datos da ferramenta sobre a dimensión territorial do sector vitivinícola español, elaborada pola Interprofesional do Viño de España (OIVE), en colaboración con Analistas Financeiros Internacionais (AFI).
  comenta   0
O valor dos terreos en Galicia vai en función de diversos factores como son o tipo de cultivo, as concentracións parcelarias e outros máis. A día de hoxe o investimento en terreo agrario pode ser rendible en casos como o cultivo da vide e no caso de pasto e forraxe o valor do metro cadrado baixa aínda que pode resultar atractivo para investir no caso de querer ampliar unha explotación.
  comenta   0
O valor da hectárea de pastos en Galicia sitúase en 17.700 euros en 2023, case o doble que a media do estado.
  comenta   0
Uns emprendedores de Pantón ofrecen estes días a posibilidade de vivir un Halloween diferente convertendo o seu viñedo nun particular cemiterio onde non faltarán nin meigas nin seres malignos que saen das tumbas para volver ao mundo dos vivos…