España, Suecia, Dinamarca e Francia únense para unha mostra "rigorosa" que traerá a Galicia pezas nunca expostas.
  comenta   0
O primeiro ataque dos normandos ás costas do norte da Península Ibérica está datado no 844, mais crónicas árabes revelan que xa no ano 795 os vikingos chegaron ás costas asturianas para seren mercenarios dos señores asturianos.
A arqueóloga Irene García Losquiño relata como Galicia puido ser tamén un territorio de asentamento dos pobos nórdicos orixinarios de Escandinavia, e non só obxectivo de asaltos e incursións.
  comenta   6
"Follow the Vikings" é un espectáculo audiovisual que combina teatro, música e danza. E chega a Catoira logo de percorcorrer varios países europeos. Ao recinto das Torres do Oeste, que acolle as que serán as únicas funcións en España.
  comenta   2
As celebracións da 58º edición desta festa de interese turístico internacional estenderanse do 2 ao 5 de agosto, e o goberno galego achegará 40.000 euros para organizar a Romaría.
  comenta   0
O século XI estivo marcado pola debilidade de reis e nobres e polos cruentos ataques normandos que fixeron de Galicia un dos grandes teatros de operación bélica de toda esa época. Os nórdicos puideron mesmo ter unha base de operacións na antiga Gallaecia.
  comenta   4
Hai quen cre que pasou 20 anos en Galicia como mercenario, guerreiro e saqueador. Loitou contratado por nobres e tamén contra eles e morreu nunha gran batalla na Arousa.
  comenta   1
Olaf, o galego, aterrorizou o país entre os reinados de Vermudo III e Fernando I con ataques a importantes cidades do antigo Reino de Galicia.
  comenta   1