O director do Igape di que non hai investidores cun "interese claro de dar continuidade" e lembra que a empresa está "en liquidación", polo que "debe presentar un plan" que o estuden posibles compradores.
A última reunión do período de consultas para a aplicación do Expediente de Regulación de Emprego de carácter extintivo no estaleiro Vulcano finalizou sen acordo, e os representantes dos traballadores seguen pedindo "tempo" para buscar investidores que salven a actividade nesta empresa viguesa centenaria.
A viceportavoz do grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Patricia Vilán, presentou este luns unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama ao Goberno autonómico que busque "alternativas viables" para resolver a situación do estaleiro vigués Vulcano e frear o seu Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo "que ameaza aos seus 69 traballadores".
O portavoz do comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano, Nicolás Sangabriel, detallou que os administradores concursais comunicaron ao Xulgado do Mercantil número 3 da cidade a intención de abrir un ERE de extinción para 69 traballadores da empresa, case a totalidade, e o responsable de UXT no mesmo, Rubén Pérez, instou á Xunta a buscar unha solución a esta situación.
Son xa demasiados os síntomas e as realidades que fan ver que a política industrial e de grandes empresas de produción está esgotada en Galicia. Os casos de Alcoa, Ferroatlántica, Navantia, Vulcano, os problemas de ENCE... son a mostra evidente da falta de planificación e da falta de estratexia do goberno galego.
  comenta   0
O vicepresidente Alfonso Rueda asegura que o Goberno galego mellorou a situación da industria naval de Vigo malia a desaparición do estaleiro.
Este luns presentouse a solicitude de liquidación do estaleiro vigués Vulcano no Xulgado do Mercantil número 3 da cidade olívica.
O portavoz do comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano, Nicolás Sangabriel, destacou que isto é posible tras solventarse o conflicto cos traballadores.
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, indicou que a Xunta non ten "constancia dunha oferta concreta" ou de que haxa "conversacións que poidan albiscar unha solución de transmisión da propiedade".
Os traballadores seguen esperando un acordo entre empresa e provedores para avanzar. Denuncian a inacción das institucións, nomeadamente da Xunta, para resolver os seus problemas.
Sindicatos manteñen a manifestación, que sairá este mércores ás 10,00 horas do estaleiro e acusan ás administracións de "pasarse a pelota uns a outros".
Para o conselleiro de Industria, “a realidade é que Vulcano non foi capaz de acabar o buque en prazo”, e agora o estaleiro ten que “constatar” cales son as súas necesidades financeiras e técnicas.
A dirección de Vulcano presentou unha planificación para acabar o barco en 42 días que se iniciarían no momento en que desbloquen o o financiamento.
Fracaso na reunión de directivos da empresa e representantes de Pymar, Banco Santander e Igape.
Avanza que o luns haberá unha reunión entre Banco Santander, PIMAR e Vulcano para concretar as condicións da finalización do ferry
  comenta   0
Piden que a Xunta force unha reunión urxente de Pymar, co fin de desbloquear os avais necesarios para terminar o barco de Transmediterránea. Vídeo no interior.
O comité de Vulcano solicitou unha reunión "urxente" con Francisco Conde para que "presione" a Pymar (Pequenos e Medianos Estaleiros Sociedade de Reconversión) tras aceptar o Banco Santander pagarlles.
Traballadores desta factoría levan cinco meses sen cobrar e aínda que "confían na Xunta" e na empresa, din "non poder máis". Aseguran que se o Banco Santander e o armador pactan unha data de entrega para a construción do barco sen contar cos traballadores "non a van poder cumprir"
Feijóo non ten problema e falar dos despidos en Alcoa, Meirama, Ferroatlántica ou Vulcano pero evita opinar sobre os EREs en grandes grupos de comunicación galegos –o último La Voz-- porque “non é a súa responsabilidade”, a pesar de destinar millóns de euros a estes grupos mediáticos.
  comenta   1
Din estar "desesperados" ante a situación de paralización do traballo e a falta de información sobre o seu futuro desde a última reunión de todos os axentes implicados hai un mes.
A empresa elude a ameaza de cancelación do contrato do ferri, pero segue pendente de financiamento para acabalo. Os traballadores responsabilizan os donos e directivos actuais da situación do estaleiro.
  comenta   0