Un estudo sinala que a maioría de residentes de Santiago de Compostela enquisados están a prol dese imposto. Seis de cada dez consideran que sería beneficioso para a cidade. O Concello traballa na aplicación desa taxa, mentres os barrios históricos sofren unha masificación turística.
  comenta   1
O popular barrio compostelán de San Pedro é un bo exemplo do impacto negativo da xentrificación e a turistificación nas vidas dos veciños, como recolle un estudo da Universidade de Santiago. O Concello está deseñando unha normativa para regular o uso dos chamados pisos turísticos.
  comenta   0
A okupación de edificios ten en alerta a concellos e parte da veciñanza dalgúns barrios en cidades como A Coruña, Vigo ou Compostela. Sen apenas profundizar no tema, tanto políticos como outras autoridades, consideran estas accións como delitos. Colectivos “okupas” din buscar a revalorización de espazos mediante o uso libre fronte a especulación e a xentrificación de áreas concretas das cidades.
  comenta   3