Conta coas colaboracións de José Manuel Sande (cultura e política), Ricardo Vales (movementos sociais), Alicia Barreiro (sanidade), Xurxo Souto (cultura), Davide Leira ( de Maghua, música), Javier López Moríñigo (saúde mental), Manu Sánchez (fútfem), Miguel Barreiro (Dépor) ou Fernando Campos (hockey), entre outros.
  comenta   2
Trátase dunha protesta co apoio de 120 entidades e nunha relación na que, segundo lamentaron, non están nin o PSOE nin o PP, "os dous principais partidos na corporación municipal".
  comenta   0
Xurxo Souto presentará tamén un acto para enxalzar as crianzas galegofalantes. Todo decorrerá este 14 de maio na Arca da Noe, en Vilar de Santos.
  comenta   0
“Se na casa a lingua era o galego e a maior parte poboación que nos circundaba falaba galego, por que estabamos optando por outra lingua que non era a natural?”.
  comenta   0
A AELG recoñece dous galegos que, dende os seus respectivos eidos, preservan a lingua e a cultura do país sen pedir nada a cambio.
  comenta   0
Na vindeira semana terán lugar un roteiro musicado con Xurxo Souto, á parte de diversas actuacións que se estenderán dnede o mércores ao domingo.
  comenta   0
Logo de ser apresados polo exército de Isabel II, os sublevados galegos foron executados en Carral sen ter recibido sequera xuízo. A Plataforma Vía Galega lembrará a súa memoria cun acto este sábado.
  comenta   0
Medra a mobilización contra o proceso "a poucos días" de que a Audiencia Nacional faga pública a sentencia. Os apoio tamén chegan dende outros puntos do estado, coa sinatura de Otegi e outros líderes do independentismo vasco e catalán.
  comenta   2
"Hai temor por considerar ao fútbol como un referente de unión entre galegos", asegura o adestrador. Pola súa banda, o porteiro Sergio Álvarez cre que a creación da Selección Galega debería incluír o plan de xogar no ámbito internacional.
  comenta   6
"Agora son máis as nenas que queren xogar ao fútbol e isto é unha boa noticia a nivel profesional e a nivel social", di Vero Boquete, que participou con Sergio Álvarez, Fernando Vázquez e Xurxo Souto nunha charla sobre o fútbol galego.
  comenta   0
Máis de 500 líderes e militantes políticos, entre eles numerosos do BNG e de Anova, representantes da economía ou do sindicalismo asinan un manifesto no que piden á Audiencia Nacional que absolva aos detidos na chamada Operación Jano.
  comenta   6
As mulleres das fábricas de conserva facían canción protesta, nin máis nin menos. Fronte ás inxustizas laborais, elas botaban poderosas coplas pola boca: "Nesta fábrica de Massó, me estou deixando a vida...". Aquí vai o proceso de descuberta desta historia silenciada, da man do escritor Xurxo Souto.
  comenta   0
Entrimo acolle desde este mércores a terceira edición dos 'Encontros Arraianos de Cinema Rural'.
  comenta   0
Esta cuadraxésima edición reunirá en Guitiriz músicos da talla de Susana Seivane, Uxía Senlle ou Xurxo Souto para lembrar a traxectoria deste evento. Foxen de subvencións e da tendencia a convertirse nun macrofestival. No canto diso, apostan por manterse fiel a súa esencia: espallar a cultura de noso e dinamizar a Terra Chá.
Vigo e A Coruña son a mesma cidade. Esta é visión que defende Xurxo Souto na súa recente novela editada por Xerais “A Gran Travesía de Chiruca Macallás”, que está a defender nun roteiro intermitente que inclúe Urzaiz, Rúa da Torre, Teis e mais Labañou.