A UPG e EI avanzan posicións

Nos últimos días trascendeu xa a existencia de contactos importantes para a consecución dun pacto de mínimos entre a UPG e o Encontro Irmandiño, que lidera Beiras, de cara á Asamblea Nacional da vindeira fin de semana...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/05/2009 | Actualizada ás 09:19

Comparte esta noticia

None

Entre Máis BNG, o grupo que acolle aos quintanistas e a outros grupos da fronte nacionalista xa dan por feito este acordo e apuntan que tanto a UPG coma EI xa teñen feito unha división da futura Executiva así como designado ao próximo voceiro nacional. Este acordo, avanzado xa por renovarobng recolle dúas posibilidades; que Máis BNG se integre nesta lista logo da Asamblea Nacional ou non. No primeiro caso, habería unha Executiva de 15 membros: 7 da UPG, 5 de Máis BNG, 3 de EI. No segundo caso; a UPG contaría con 10 membros e EI, 5. Ambas as forzas tamén recollen a posibilidade de incluír a un membro de Movemento Galego polo Socialismo (MGS) en función dos resultados que colleiten. Nas dúas posibilidades a UPG reservaríase o portavoz nacional e a Secretaría de Organización, deixando como elemento negociador ao Coordinador da Executiva. Ambos os dous grupos tampouco aceptan vetos a ningún dos seus membros; é dicir, que tanto Xosé Manuel Beiras, coma Francisco Rodríguez poderán formar parte da Executiva.

Neste suposto acordo non participarían dous dos sectores que formaron parte das Listas Abertas, promovidas por EI; Esquerda Nacionalista e algúns camilistas con Nogueira á cabeza. O primeiro grupo é partidario de apoiar aos quintanistas e o segundo mantense, polo momento, á marxe de calquera pacto. Con todo, e segundo apuntan fontes de EI e da UPG, "non hai pacto ningún" e aseguran que tanto EI como a UPG presentarán listas propias á asamblea. "Todo é unha montaxe dos quinistas para tentar apañar máis votos", apuntan dende unha destas candidaturas.

Pola súa banda, entre os membros do quintanismo hai diferentes opinións sobre a posibilidade de incluírse nese futuro pacto. A priori, todos están dacordo en que non haxa acordos nin conversas para futuros acordos (tal e como teñen feito EI e a UPG) ata despois da Asamblea Nacional. Sen embargo, os intereses son diferentes en relación aos resultados do cónclave e co pacto entre EI e a UPG enriba da mesa. Hai un grupo que desbota entrar nese pacto e que se mantería na "oposición" dentro do novo BNG, mentres que outro grupo apostaría por negociar con EI e a UPG pero "coas nosas condicións" e en función dos resultados da asamblea. "Está claro quen é o máis coherente neste proceso", apunta un dirixente desta corrente que carga as súas críticas contra EI. "Non eran eles os que dicían que quen mandaba era a militancia?. Pois parece que nin esperan a que fale a militancia. Puñan a parir á UPG e resulta que agora botanse nos seus brazos. A verdade é que, aquí, quen sempre sae gañando é a UPG", ironiza. "O principal problema é que hai dous actores; Francisco Rodríguez e Xosé Manuel Beiras, que queren seguir pivotando a formación como se estiveramos no ano 82 e non se dan conta de que os tempos cambian e o líderes tamén", apunta outro dirixente.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

20 anónimo

Eu penso que Máis Bng, nin máis nin menos, debe aliarse coa UPG, pero sin desencontrarse con Encontro Irmandiño, sería un movemento cara o Socialismo Galego para o que habería que contar co Movemento Galego polo Socialismo,. Así teríamos un Bng cunha lista Beirista-Upegallista-Quintanista-Aymerista-Pontonista-Nogueirista-Pontonista, dando cabida tamén a outras sensibilidades coma movemento socialista cara o Irmandiñismo, Encontro do povo Galego, Unión de Máis... PEro o importante é PAco do Ferrol, o líder que guiará ao povo galego cara unha sociedade comunista (está nos estatutos da Ú, a única e verdadeira), e que siga mangoneando como nos tres séculos (ou milenios) que leva no cargo.

19 Xandokas

.... na "derechona del BNG", a mín, fáltame Camilo Nogueira (o ex-eurodiputado que eliminou ao BNG da eurocámara)......, pero tranquilos,.... deixa "descendencia"...

18 Xandokas

Estou de acordo: Máis BNG = la derechona del BNG (o neo-caciquismo do BNG).

17 Piruletas

Carlos Aymerich no le ha hecho falta rodearse de la solidaridad de los esclavos para rebelarse contra los romanos, simplemente le ha bastado contar con el apoyo de los quintanistas que lo ensalzan como “libertador” ante la mediocridad de sus contrincantes...

16 Alfonso

e de que vivirian louzan, baltar, etc etc