Cal é o papel de Galicia no Debate de Investidura de Pedro Sánchez?

O BNG lamenta que o país estea "desaparecido" do debate porque para PP, PSOE e Podemos "non conta nada"; o PPdeG censura que Sánchez chegue ao debate sen acordo e Galicia en Común fixa como "retos" lograr un "financiamento xusto" e o traspaso da AP-9

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/07/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Galicia conta ou non conta no Debate de Investidura?. A esa pregunta tentaron darlle resposta este luns diferentes dirixentes políticos sen atopar puntos en común. Mentres que os populares céntranse nas dificultades de acordo de Pedro Sánchez con Podemos e nacionalistas e independentistas, no BNG critican que Galicia quedará fóra do debate estatal.

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez | Fonte: Moncloa

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, cualificou de "atípico" que Pedro Sánchez iniciase o debate de investidura sen os apoios necesarios, o que supón unha ruptura con "o espírito da tradición na democracia española". "Cremos que hai formas mellores de prestigiar a democracia española", aseverou Puy a preguntas dos medios durante unha rolda de prensa celebrada en Ribadavia .

"O debate de investidura é un exemplo dunha forma de ir aos poucos socavando as prácticas democráticas que tiñan certa tradición na democracia española", apuntou o portavoz dos populares na Cámara galelga, quen afea a Sánchez que se enfrontase ao debate de investidura "despois de moitos meses de abandono" das "funcións" de lograr os apoios necesarios para converterse en presidente.

Así, tras pór o foco en que "o normal é chegar ao debate cunha maioría suficiente e un programa coñecido", Puy censurou que o que existe é "un esforzo de última hora máis ben centrado en quen ocupa que postos sen facer unha indución programática". "É unha investidura atípica, unha situación atípica máis ás que nos ten adoitado o señor Sánchez", remarcou.

BNG

Pola súa banda, a líder do BNG, Ana Pontón, lamentou que Galicia estea "desaparecida" do debate de investidura que se celebra no Congreso dos Deputados pola "irrelevancia" á que PPPSOE e Podemos conducen á Comunidade. "Neste tres meses desde as eleccións vimos de todo. O único que non vimos foi a Galicia", manifestou Pontón, que criticou que para as forzas estatais "este país" non "conte nada". "Porque en Madrid se toman decisións que afectan as nosas vidas e ao noso desenvolvemento como país", sinalou.

Entre as cuestións relevantes que marca Madrid, Ana Pontón citou o financiamento da sanidade e a educación, as peaxes da AP-9, a modernización do transporte ferroviario, o marco enerxético que condiciona miles de empregos ou un sistema de financiamento "discriminatorio". "Pero o que nos dixeron neste tres meses é que os problemas dos galegos non van ter solución, porque nin tan sequera están na axenda", apuntou.

De feito, a líder do Bloque sinalou que ningún dos 23 deputados e deputadas electos por Galicia introduciu no debate de investidura "nin unha soa proposta que teña que ver coa defensa dos intereses do país" e "limítanse a obedecer as directrices das súas direccións madrileñas". "É un retrato perfecto da discriminación das forzas estatais", trasladou a líder do BNG, que se preguntou se "alguén está pendente de Galicia".

GALICIA EN COMÚN

No Parlamento, a deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz Pérez, dirixiuse ao candidato socialista á presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, para pedir "un goberno de coalición valente e progresista" que atenda os "retos de Galicia" recollidos na "axenda galega" que, segundo a parlamentaria por Pontevedra, o socialista "coñece ben".

Durante a súa intervención no debate de investidura no Congreso, Díaz indicou que entre eses "retos" está lograr un "financiamento xusto" para Galicia, desbloquear infraestruturas como as "conexións ferroviarias e marítimas" e culminar a transferencia da titularidade da AP-9, que quedou 'conxelada' polo adianto electoral.

Ademais, tamén puxo o foco en avanzar en asuntos como o saneamento das rías e atender os "sectores estratéxicos" de Galicia, entre os que situou o lácteo, o naval e a pesca.

Por último, citou o proceso de recuperación da titularidade pública para o Pazo de Meirás, en Sada (A Coruña), na actualidade en mans dos herdeiros do ditador Francisco Franco. "Estamos a piques de conseguilo", apostilou.

Estas foron as referencias a Galicia por parte de Díaz, encargada de defender a postura no debate de investidura da coalición galega que se fixo con dous deputados o pasado 28 de abril e que se integran no Grupo Confederal de Unidas Podemos. Así, mostrouse "confiada" na esperanza dun "cambio" en España. "Estamos en condicións de facer historia, sen subterfugios, cun goberno de coalición", recalcou a deputada galega.

Por iso, pediu que se estea á "altura das circunstancias" e espetou a Pedro Sánchez que llo deben a todos os que "tanto loitaron para chegar ata aquí". Referiuse ás mulleres que conseguiron o voto na Segunda República e aos "millóns" de persoas que "nunca perderon a esperanza", aínda nas circunstancias máis adversas.

Tamén aludiu aos que "ocuparon as prazas o 15M". Na súa opinión, desde entón "España nunca volveu ser igual" e lembrou tamén as mulleres que un 8 de marzo deron "unha lección ao mundo". Todos, dixo, esperaban un momento como este, cun "un goberno de coalición valente e progresista".

Díaz citou a precariedade laboral, a xente "que malvive", algo que considera unha "emerxencia social" e neste sentido animou ao presidente en funcións a actuar para rebaixar os alugueres, loitar contra a violencia machista, baixar a factura da luz e reformar a sanidade, a dependencia e a educación.

Ao seu xuízo, nas eleccións xerais do 28 de abril o pobo outorgoulles un mandato, o de dialogar. "Nós traemos desde Galicia en Común o anhelo do que di a sociedade, que é posible, chegamos aquí para dicir que é posible cambiar a vida da xente. Están a esperarnos señor candidato; a xente cre que si se pode", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

4 Pesego saltarín

a pregunta era "Cal é o papel de Galicia...….." non se o BNG (seguramente taimadamente dirixida polos xudeo-masones da UPG) foi quen asasinou a Viriato ou algo así.....Con respecto ao papel do Pais pois o que os cidadans deron nas eleccions: NINGUN. De feito hai una proposta de Cutadans e Podemos para suprimir das CC.AA. o nome de Galicia e xuntarla con Extremadura que ten mais prestancia

3 XanKaraLlás

O BNG vai de mal en peor porque nin sequera dan o primeiro paso imprescindible, que é recoñecer os seus propios erros, nos que reincide constantemente dicindo sempre as mesmas cousas e non querendo ver a realidade. Por exemplo, a Anita Pontón, cun pésimo galego falado que non corrixe nas cousas más elementais nin de coña, repite como un loro que ese pequeñísimo aumento de votos que ten o BNG non é consecuencia da desfeita das Mareas, cando é evidente que é así e que por tanto seguimos nas mesmas. O voto da Marea foise en parte ao BNG e en parte a esa unión de Podemos, Esquerda Unida, Verdes e Anova. Non hai máis, a deriva na que anda metido o BNG é penosa, lamentable e patética.

1 gayego auténtico o mio

o gayego das "cousas más elementais nin de coña" é o gayego "cohonudo" que falas ti.

2 XanKaraLlás

Gayego auténtico, etc.: Non sei se sabes que aquí funciona un corrector lingüístico pensado para o castelán e a pouco que te descuides sáenche palabras en castelán. Non só "más", tamén "pequeñísimo", por exemplo. Anda, vai pastar.

2 denerio

Do que subiron os soldos nos concellos non hai nada que falar

1 BjornFerro

O que se fai coa madeira dos eucaliptos en ENCE, ise é o noso papel. E ter uns cantos madrillegos vendidos a Hispañistán e ós califas dos seus partidos hispañiscañís.