Bugallo reclama unha maior achega da Xunta para Santiago pola capitalidade para os próximos exercicios

Xustifica a suspensión de actuacións previstas para as festas do Apóstolo porque que o seu equipo tivo que buscar "soporte" para os contratos programadas porque o goberno de Compostela Aberta gastou máis diñeiro do que debería.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, reclamou unha maior achega do Goberno galego para a cidade compostelá para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade autónoma.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns tras a celebración da xunta de goberno local, Bugallo lembrou que a cantidade que recibirá o Concello en virtude do Estatuto da Capitalidade volverá ser de 2.325.00 euros.

Respecto diso, explicou que esta achega foi "reducida" en 2010 (en 2009 foron tres millóns de euros) e despois "conxelada". Por iso, considerou que a cifra debe ser "revisada significativamente á alza para o futuro".

E é que, conforme sinalou, o custo estimado da capitalidade é duns seis millóns de euros. Por iso, lembrou que lle trasladou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o seu desexo de que, de cara a 2020 e, sobre todo, a 2021, "este tema teña unha mellor solución".

FESTAS DO APÓSTOLO

Na rolda de prensa, ademais, Bugallo censurou as críticas de Compostela Aberta polos cambios na programación das Festas do Apóstolo. "Estou desgustado polo feito de que se suspendesen as actuacións dos grupos de música tradicional, pero houbo que buscar 350.000 euros porque houbo un momento no que se puideron caer todas as festas", manifestou.

E é que, conforme asegurou o alcalde, o seu equipo tivo que buscar "soporte" para os contratos que deixou programados Compostela Aberta, así como "financiamento" para a produción. Así, puxo como exemplo que no caso do concerto de La M.O.D.A., "non había financiamento para a produción" e nin "financiamento para un contrato asinado". Por iso, asegurou que "de onde había diñeiro quitouse porque había que cubrir eses gastos".

Ademais, argumentou que o orzamento presentado a semana pasada polo seu goberno "está totalmente condicionado pola xestión de Compostela Aberta", formación que, na súa opinión, "non debería facer ningunha crítica" e "debería valorar de forma moi positiva" que o novo goberno municipal "asuma as responsabilidades e os compromisos derivados da xestión de Compostela Aberta".

Ante todo iso, Bugallo considerou que a formación de Martiño Noriega "gastou diñeiro en partidas moi por encima do que estaba orzado" para o inicio do ano, cuestión que "está a xerar disfunción e desequilibrios" nas arcas municipais. "Máis do 95% dos novos custos incorporados ao orzamento son decisións, temas que veñen da época do goberno de Compostela Aberta", indicou.

RECOÑECEMENTO DE PAGOS

Por outra banda, Bugallo informou de que outro dos asuntos tratados na xunta de goberno local foi a estimación parcial dun recurso de reposición interposto por Cespa, S.A relativo á revisión de prezos do servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboledo urbano do concello de Santiago. Esta estimación parcial supón o pago de 104.730 euros en concepto de atrasos.

Xosé Sánchez Bugallo en rolda de prensa
Xosé Sánchez Bugallo en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta