Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2019 | Actualizada ás 16:36
O xulgado de garda decretou prisión provisional para tres dos cinco detidos por agredir a pasada noite a axentes da Garda Civil nas festas de Muxía (A Coruña). Segundo fontes deste corpo, tras pasar a disposición xudicial na mañá deste luns, decretouse prisión para o home que iniciou o altercado, a súa ex-parella e o seu primo. Os outros dous detidos deben comparecer os días 1 e 15 de cada mes.
Os feitos sucederon a pasada nohe, durante a celebración das festas de Muxía, cando se solicitou a presenza dos axentes ante o comportamento dun dos asistentes, que estaban "a alterar a orde".
Unha vez no lugar, os axentes comprobaron a presenza dun home "visiblemente agresivo", polo que se procedeu á súa identificación. No entanto, o individuo comezou a proferir insultos cara aos gardas civís mentres se desvestía, chegando mesmo a tratar de fuxir do lugar dos feitos.
Nesta situación, mentres un dos efectivos lle puña os grilletes para a súa detención, formouse na zona un tumulto de xente, que se abalanzaron sobre os gardas civís ao berro de 'Imos todos a por eles'. Os axentes sufriron empurróns, patadas e ameazas.
De entre as persoas que tentaban impedir a detención, os "máis activos", apunta o corpo, foron o pai, o irmán e un primo do home, así como a súa ex-parella. Posteriormente, os axentes puideron pescudar que a alteración da orde debíase, precisamente, a que o home estaba a molestar a muller durante as festas.
Por iso, foron detidos, ademais do home, os seus tres familiares e a ex-parella do mesmo. No operativo resultaron feridos de diversa consideración tres gardas civís, dos que un tivo que ser intervido cirurxicamente en urxencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.