Por E.P. | Ferrol | 23/07/2019 | Actualizada ás 16:23
Axentes da Garda Civil despregaron nas últimas horas deste martes un importante dispositivo contra o tráfico de drogas, tras localizar unha importante cantidade de sustancias estupefacientes nunha nave industrial situada no polígono industrial das Somozas.
En concreto, trátase da nave que ata hai pouco operaba co nome 'Soluciones Poligráficas', dedicada ás artes gráficas. No operativo produciuse tamén algunha detención, segundo a información á que tivo acceso Europa Press.
A actuación iniciouse de madrugada e durante todo o día foron varias decenas os axentes despregados na zona, tanto en vehículos oficiais como camuflados, con unidades chegadas desde A Coruña e varios municipios de Ferrolterra.
Entre outras cuestións, a Garda Civil destacou a industrialización de todo o proceso da droga que se realizaba nestas instalacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.