Dúas praias galegas no 'Top 10' dos mellores areais do Estado

Canarias arrasa con cinco, mentres que Galicia e Asturias teñen dúas e Andalucía, outra, nesta particular clasificación baseada nas buscas en Google.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/07/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Dúas praias galegas, da Costa da Morte, están entre as dez mellores do estado, segundo un estudo que acaba de realizar a empresa holidu.es segundo as buscas en Google. Son a Praia do Rostro, en Fisterra, e a Praia de Carnota.

A do Rostro ocupa o sétimo posto cunha nota media de 4.8 sobre 5 neste popular buscador e 224 reseñas. Os internautas destacan que é unha praia natural limpa e pouco concorrida que ofrece máis de dous quilómetros de areas finas para gozar e relaxarse. “A forza da marea é considerable, polo que o baño non está permitido, con todo as vistas deste recuncho, que aínda conserva o seu lado salvaxe ofrécenche un paseo inesquecible”, apuntan desde o buscador.

A de Carnota ten tamén un 4.8 de puntuación e  210 Reseñas en Google.  Os internautas destacan os seus “quilómetros de areas brancas, rocas e augas turquesa, acompañadas de dunas e marismas”.  “É un paraíso que sorprende en calquera época do ano e ver o atardecer coas súas vistas de fondo é unha experiencia espiritual. Natureza en estado puro”, recolle o estudo.

Neste particular ranquing, Canarias arrasa con cinco praias entre as dez mellores.  Logo están Galicia e Asturias, con dúas e Andalucía, con outra. Quedan fora do Top dez areais de Balerares, País Vasco, cataluña, Valencia, Murcia ou Cantabria.

Este é o Top 10:

1. Praia de Cofete, Fuerteventura - Nota media Google 4.9 - 373 Reseñas

2. Praia Lagoon, Fuerteventura - Nota media Google 4.9 - 115 Reseñas

3. Praia de Bolonia, Cádiz - Nota media Google 4.8 - 1845 Reseñas.

4. Praia Risco del Paso, Fuerteventura - Nota media Google 4.8 - 455 Reseñas

5. Praia de Torimbia, Asturias - Nota media Google 4.8 - 415 Reseñas

6. Praia de Sotavento de Jandía, Fuerteventura - Nota media Google 4.8 - 315 Reseñas

7. Praia do Rostro, A Coruña - Nota media Google 4.8  - 224 Reseñas

8. Praia Carnota, A Coruña - Nota media Google 4.8 - 210 Reseñas

9. Praia da Franca, Asturias - Nota media Google 4.8 - 198 Reseñas

10. Praias de Corralejo, Fuerteventura - Nota media Google 4.8 - 197 Reseñas

METODOLOXÍA

Holidu buscou na base de datos de Google Maps pola palabra “praia” en todas as provincias costeiras do país. Dos máis de 9500 resultados obtidos inicialmente filtrou manualmente todos os resultados que non eran praias. Realizaron un ranking en función das praias mellor valoradas polos usuarios priorizando aquelas con maior número de reseñas. Non se tiveron en conta praias con menos de 100 valoracións por considerar que a nota media non era fiable por baixo de dita cifra.

Papaventos na praia do Rostro de Fisterra
Papaventos na praia do Rostro de Fisterra | Fonte: certo.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta